Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2024

Encontro do "notario do pasado" Emilio Grandío co alumnado-traballador do Programa de emprego 'Unha ventá ao porto medieval da Coruña'

O pasado mércores 13 de marzo os alumnos-traballadores do Programa de emprego 'Unha ventá ao porto medieval da Coruña' recibiron no seu centro de traballo nos Rosales ao historiador Emilio Grandío.

O motivo principal da visita, ademais de coñecer de primeira man a un dos principais profesionais do noso ámbito, era contextualizar o Pazo de Meirás, coñecer a súa importancia histórica e tamén de todos os procesos nos que actualmente anda inmerso.

Emilio Grandío foi un dos historiadores encargados da realización do informe axuntado no xuízo sobre a propiedade do pazo, polo que a súa experiencia aportounos, sen dúbida, novas formas de pensar e traballar.

Durante a mañá de traballo, tratáronse temas de grande interese como é a importancia da memoria histórica do noso territorio e a relevancia que teñen os historiadores, que non so encárganse de remexer no noso pasado, senón tamén de desvelarnos segredos dos nosos devanceiros.

A facilidade que ten Emilio para transmitir todo o que coñece e a súa proximidade na conversa, fixeron que a xornada do pasado 13 de marzo fose unha das máis enriquecedoras e interesantes para nós, o que nos motivou enormemente a seguir traballando e esforzándonos pola cultura da nosa cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión