Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2024

Os membros do programa de emprego ‘Unha ventá ao porto medieval da Coruña’ coñecen a Antonio Palacios e a súa labor na arquitectura, na Sala Municipal de Exposicións de Palexco

O alumnado-traballador de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais desprazou, o pasado 10 de abril, o seu centro de traballo á exposición 'Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo'.

A exposición conmemora o 150 aniversario do nacemento do arquitecto e urbanista orixinario do Porriño e o seu legado, recollendo obras e proxectos fora de Madrid, maioritaria e fundamentalmente en Galicia. Nesta, reflíctense as dúas vertentes que Palacios seguía no seu traballo, o clasicismo e o coñecemento da nova arquitectura.

A visita foi guiada por Ricardo Sánchez Lampreave quen, ademais de subdirector e docente da Escola Técnica Superior de Arquitectura na Universidade da Coruña, comisariou dita exposición xunto ao doutor José Varela Alén, baixo a organización do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid, a Fundación Arquitectura COAM e o Concello de Madrid.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión