17 de xaneiro de 2023
Inscrición até o 3 de febreiro ás 15:00 h.
O Concello da Coruña, dentro das actividades do entroido 2023 organiza un concurso de música e letra destinado ao alumnado de secundaria dos centros da cidade. O prazo de inscrición está aberto até o 3 de febreiro ás 15:00h., podes ver as condicións do concurso nas bases que o regulan e inscribirte na seguinte ficha.
Poderá participar no concurso o alumnado de ESO con idades comprendias entre os 12 e os 16 anos, que compoñan un grupo de un mínimo de 10 persoas e que interpreten unha canción co oportuno acompañamento musical, sempre e cando se trate dun tema inédito composto polo alumnado. Os participantes irán disfrazados para a ocasión.
A inscrición deberá figurar a nome do Instituto ou centro educativo, deben constar os datos dunha persoa adulta responsable da comparsa e acompañalo cun documento coas autorizacións dos titores legais dos menores que participen na actividade. Tamén debe engadirse un arquivo co texto escrito da letra e ooutro co arquivo sonoro da canción. Estes arquivos presentaranse no mesmo formulario de inscrición.
27 de marzo de 2023
27 de marzo de 2023
24 de marzo de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible