17 de xuño de 2025
O Concello e Noite Bohemia organizan os meses de xuño e xullo representacións abertas á cidadanía
O Concello da Coruña, en colaboración coa compañía de teatro Noite Bohemia, reforza a súa aposta pola cultura ao aire libre e a recuperación de espazos emblemáticos como escenarios teatrais. Durante os meses de xuño e xullo, a cidade transformarase nun escenario vivo, onde o teatro clásico e contemporáneo cobrarán protagonismo en recunchos de gran valor arquitectónico e patrimonial.
"Esta iniciativa, impulsada polo Goberno de Inés Rey, busca facer do arte dramático un elemento accesible para toda a cidadanía, consolidando a tradición de espectáculos ao aire libre que cultivaron éxito en edicións anteriores", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. A programación deste verán non só levará o teatro a prazas históricas e lugares icónicos da cidade, senón que tamén volverá integrar o espazo único da praia de San Amaro, que acollerá unha nova edición da Mostra Internacional Area de Teatro (MIAT).
Desde o Castro de Elviña e o Castelo de San Antón ata a praza de Azcárraga e a praza das Bárbaras, A Coruña será testemuña de representacións que achegarán o teatro clásico a públicos de todas as idades. O proxecto, apoiado polo Concello da Coruña, ten como obxectivo consolidar o teatro ao aire libre como un aceno de identidade da cidade. Aexcelente acollida do público en edicións anteriores garante a continuidade do programa como cita anual fixa.
Calendario de representacións
Todas as funcións celebraranse ás 21.30 horas, con entrada gratuíta ata completar capacidade.
Mostra Internacional Area de Teatro (MIAT) - Praia de San Amaro
A praia de San Amaro será escenario dunha programación internacional que incluirá espectáculos de improvisación e teatro contemporáneo ás 21:30 horas durante tres xornadas.
5 de xuño de 2025
4 de xuño de 2025
21 de maio de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible