Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de setembro de 2018

Estreamos nova web máis intuitiva, visual e versátil

No Servizo Municipal de Educación estamos de estrea cunha nova web máis intuitiva, visual e versátil, adaptada a todo tipo de dispositivos móbiles e que responde ás necesidades das persoas usuarias, facilitando o seu uso e a navegación polos seus contidos.

Para todo iso integrouse no sistema de webs do Concello da Coruña, xerando unha maior coherencia e familiaridade na presentación da información.

Esta integración achega varias vantaxes. A nivel técnico, utilízase o mesmo sistema de xestión de contidos (CMS) que no resto do ecosistema web municipal, o que facilita o mantemento técnico e de seguridade. En canto a contidos e tratamento da información fai posible o aproveitamento e a reutilización de recursos xerados noutras áreas municipais e viceversa.

Con respecto ao deseño e á usabilidade, mellórase a navegación ao ter un deseño e unha estrutura coherente cos demais portais do concello, polo que resulta máis familiar para persoas usuarias. Ademais, agora presenta un deseño responsivo, polo que se mellora enormemente a accesibilidade desde dispositivos móbiles.

Seis seccións principais

A nova web estrutúrase en seis seccións principais. Na primeira delas, Programas, móstrase a información de todos os programas educativos. Como novidade con respecto á web anterior destaca que se poden filtrar segundo os intereses e as necesidades das persoas usuarias: por nivel educativo, por titularidade do centro, os dirixidos só a centros da cidade etc. Así mesmo, as novas e os eventos asociados a cada programa móstranse nas súas respectivas fichas.

Hai unha sección nova, Centros educativos, que inclúe un buscador de centros, no que se poden localizar sobre un mapa e en formato lista todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e ensinanzas especiais da cidade. Contén tamén un apartado coa información actualizada do proceso de admisión en todos os sostidos con fondos públicos e un mapa das zonas de influencia dos colexios públicos e concertados.

Mantense a sección Rede de Escolas Infantís cunha estrutura similar á anterior, coa posibilidade de asociar con maior facilidade noticias e eventos dentro da información de cada escola.

Na nova web adquire tamén un gran peso a sección de Actualidade, que recolle novas, eventos e contidos multimedia. En novas incorpóranse tanto as publicadas desde o servizo municipal como as difundidas polo gabinete de comunicación municipal. Tanto as noticias como os eventos e os contidos multimedia clasifícanse polo seu ámbito de interese para que tamén se mostren nas seccións correspondentes.

Por último, destaca un apartado de Participación que recolle a información sobre o Consello Escolar Municipal e os representantes municipais en consellos escolares; e outro de Ferramentas que facilita o acceso a diferentes utilidades para centros escolares: servidor FTP, ferramenta de xestión de xornais escolares, plataforma de teleformación e acceso ao correo electrónico.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión