Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2026

Estudios Abertos amplíase a dúas xornadas, 6 e 7 de xuño, e suma 55 espazos artisticos da cidade

O Goberno de Inés Rey impulsa este proxecto de portas abertas en colaboración coas propias persoas creadoras

A xornada de portas abertas Estudios Abertos, organizada polo Concello, celebrarase este ano os días 6 e 7 de xuño, ampliando a súa duración nun día. "A nosa alcaldesa, Inés Rey, amosa deste xeito o seu compromiso cos creadores e creadoras da cidade, ofrecendo ademais á cidadanía unha maior facilidade para coñecer os seus traballos", indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Este ano aumenta tamén o número de espazos artísticos que participan, pasando de 39 a 55. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos dinamizar as artes plásticas da cidade e poñer en valor aos nosos creadores e creadoras con esta iniciativa, que permitirá á cidadanía coñecer e visitar numerosos espazos creativos dos barrios", apuntou Gonzalo Castro. 

As xornadas terán lugar o sábado 6 e o domingo 7 de xuño, e os horarios irán desde as 10.00 ata as 22.00 horas, en función do espazo. Participarán profesionais das diferentes artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante ambas xornadas, que incluirá a participación de artistas convidados e outras sorpresas. "Os diferentes espazos nos que terá lugar estas xornadas estarán espallados pola cidade, permitíndolle aos asistentes facer unha ruta percorrendo a cidade e seleccionar aqueles que máis lle interesen", indicou Castro.

O obxectivo destas xornadas é coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela. "Estudios Abertos é a oportunidade perfecta para coñecer a artistas de diferentes disciplinas e o seu traballo", sinalou o concelleiro.

O detalle de todas as actividades paralelas desta edición irase dando a coñecer nas redes sociais de Estudios Abertos e na páxina web www.coruna.gal/estudiosabertos. 

Estudios participantes

  • A Revolteira (La chica de la cinta/Lara Ingelmo): Ilustración e bordado textil
    • Dirección: Falperra 13, baixo
    • Horario: 11:00 a 20:00 h
  • Alejandro Mosquera: Pintura, gravado e ilustración
    • Dirección: Miramar Castrillón 10, baixo
    • Horario: 11:00 a 21:00 h
  •  Ali Ali: Pintura e gravado
    • Dirección: Cantábrico 22, baixo
    • Horario: 10:00 a 21:00 h 
  • Álvaro Dorda: Pintura e ilustración
    • Dirección: Santo Domingo 3, baixo
    • Horario: 12:00 a 22:00 h 
  • Anna Franke y Durán Candal: Pintura e escultura / Pintura
    • Dirección: Miguel Servet 3, baixo
    • Horario: 12:00 a 21:00 h 
  • Art & English Lab (Iago Domínguez Barreiro): Pintura
    • Dirección: Sinfónica de Galicia 23, baixo
    • Horario: Sábado 11:00 a 21:00 h / Domingo 10:30 a 14:00 h 
  • ARTestudo (Xulia Weinberg): Pintura
    • Artista invitado: Gabriel Ángel Miranda Blanco 
    • Dirección: Avenida dos Mallos, 19
    • Horario: 10:00 a 14:00 h  e 16:00 a 20:00 h 
  • Avestudio (Diego Avedaño): Multidisciplinar
    • Dirección: San Nicolás 11-13,  1º
    • Horario: 11:00 a 19:00 h
  • Balune Estudio Creativo (Bea Barros): Ilustración e deseño gráfico
    • Dirección: Estrada de Circunvalación 9, baixo
    • Horario: Sábado 11:00 a 20:00 Domingo 12:00 a 17:00 
  • Carmen Soriano: Estucos e multidisciplinar
    • Artista invitada: Ana Lee
    • Dirección: Forcarey, 24
    • Horario: 11:00 a 21:00 h 
  • Chelo Facal: Artista plástica
    • Artista invitada: Alberto Franco y Mercedes Touzón Willy Eter
    • Dirección: Capitán Juan Varela 7, baixo 2
    • Horario: 10:30 a 15:30 h / 16:00 a 22:30 h 
  • Daniel Remeseiro: Multidisciplinar
    • Artista invitado: Grupo Eskombro (Ana Barranco, Fernando Páez e Ignacio Pardo)
    • Dirección: Ángel Rebollo 79, baixo
    • Horario: 10:00 a 21:00
  • EA Valdés: Pintura, escultura e instalación
    • Artista invitado: Xabier Riomao
    • Dirección: Pla y Cancela 47, baixo
    • Horario: 10:00 a 14:00 h e 16:00 a 20:00 h 
  • Edgar Ortiz: Pintura
    • Artista invitado: Juan Prieto
    • Dirección: Antón Vilar Ponte, 13
    • Horario: 11:00 a 21:00 h 
  • Elena Corredoira: Pintura
    • Artista invitado: Diego Cabezas
    • Dirección: Campo de Marte,  15
    • Horario: 11:00 a 21:00 h 
  • Emile Gireau: Escultura
    • Dirección: Mondoñedo 4, baixo, derecha 2 
    • Horario: 10:00 a 20:00 h 
  • Ese Sitio (Molu Ares): Ilustración
    • Dirección: Orzán 194, baixo
    • Horario: 11:00 a 21:00 h 
  • Espazo Salgado (María Salgado / Xosé Salgado): Pintura e ilustración
    • Dirección: Vila de Cedeira, 6
    • Horario: 10:00 a 21:00 h 
  • Estudio Juan Miranda (Santi Collazo / Luis Muñoz / Juan Miranda): Dibujo, pintura e escultura
    • Dirección: Campo da Estrada 2, baixo A
    • Horario: 10:00 a 14:00 h / 16:00 a 21:00 h
  • Estudio Manuel Súarez Casal: Pintura
    • Artista invitado: Correa Corredoira
    • Dirección: Avda. de las Conchiñas 6, baixo
    • Horario: 10:00 a 23:00 h 
  • Estudo Demo Cultural / Planeta Mincha / Manel Cráneo: Banda deseñada, ilustración, deseño gráfico, cartelismo, animación, etc.
    • Dirección: Avda. Gramela 19, baixo
    • Horario: 11:00 a 14:00 h e 17:00 a 21:00 h 
  • Faura Balsa: Escultura
    • Dirección: Padre Rosendo Salvado 7, Sótano
    • Horario: 10:00 a 14:00 h / 16:00 a 21:00 h 
  • FBG Arq (Lorenzo Escudero): Pintura e Arquitectura
    • Artista invitado: Enrique Conde / Lorenzo Escudero
    • Dirección: Picos 12, baixo
    • Horario: 11:00 a 22:00 h 
  • Giovani Ramirez: Plástica, escultura e pintura
    • Artista invitado: Gabriel Taccone e Jorge Ramirez
    • Dirección: Marconi 6
    • Horario: 11:00 a 21:00h 
  • J. Méndez: Escultura madera
    • Dirección: Camariñas 16
    • Horario: 11:00 a 21:00 h
  • La Bonitera Taller (María Valdés Aguirre): Artista plástica
    • Dirección: Inés de Castro 7, baixo esquerda
    • Horario: 11:00 a 20:00 h 
  • Laureano Vidal: Pintura
    • Dirección: Pla y Cancela 11
    • Horario: 10:00 a 14:00 h / 16:00 a 20:00 h 
  • Línea Noroeste Art (Bego Tojo / Luis Mazorra): Multidisciplinar
    • Artista invitado: María Álvarez Sanmartín / Isabel Pintado / Juanjo Estrada
    • Dirección: San Sebastián 17, baixo esquerda
    • Horario: 11:00 a 21:00 h
  • Luisa Valdés: Artista plástica
    • Artista invitada: Pilar Cancio
    • Dirección: Inés de Castro 16, baixo
    • Horario: 11:00 a 21:00 h
  • Manchea (Antonio Galán Fuentes / Laura Sanchez Fernandez): Artes gráficas
    • Dirección: Avda. Navarra 43
    • Horario: 11:00 a 20:00 h 
  • Marta Pardo de Vera: Pintura
    • Dirección: Doutor Fleming 29, soto
    • Horario: 11:00 a 14:00 h / 17:00 a 21:00 h 
  • Milicia Gráfica (J. de la Rosa / Alba Parga): Ilustración e deseño
    • Dirección: Praza de San Agustín, Mercado (posto exteror L)
    • Horario: Sábado 10:30 a 14:30 h e 17:00 h a 22:00 h / Domingo 12:00 a 19:00 h
  • Mónica Coto Art: Pintura, escultura e collage
    • Dirección: San Sebastián 17, baixo A
    • Horario: 11.00 a 20.30 
  • Nina Sardina (Lucía Ferreiro Iglesias): Multidisciplinar
    • Dirección: Marconi 4, baixo
    • Horario: 11:00 a 14:00 h / 17:00 a 20:00 h
  • Noemí Penela: Pintura
    • Artista invitado: Ingrid Soilán
    • Dirección: Doutor Fleming 10, baixo
    • Horario: 11:00 a 20:00 h
  • Nunca Choveu (Špela Trobec e Luis Rapela): Artes plásticas
    • Dirección: Doutor Fleming 10, baixo
    • Horario: 10:00 a 20:00 h
  • O Raposo Púrpura (Nacho Martínez): Pintura e escultura
    • Artistas invitados: Antía Warncke, Laura Reimúndez, Blanca Cortijo, Navia Coimbra, Abel García, Pantín, Ara Romero, Paloma Rodríguez.
    • Dirección: Alcalde Suárez Ferrín, 3 A B
    • Horario: 11:00 a 21:00 h
  • Pedro Bueno: Pintura e escultura
    • Dirección: San Roque 5, baixo
    • Horario: 10:00 a 21:00 h
  • Ramón Astray: Pintura
    • Dirección: Nuestra Sra. del Rosario 14, baixo
    • Horario: 12:00 a 14:30 h / 15:30 a 20:00 h
  • Raúl Álvarez: Pintura
    • Dirección: Camariñas 12, baixo
    • Horario: 11:00 a 20:00 h
  • Regalarte (Laura Doldán Canedo): Acuarela e arte aplicado a roupa, paraugas e accesorios
    • Dirección: Dársena 1, baixo
    • Horario: 10:00 a 23:00 h
  • Risco Estudio: Cerámica
    • Artista invitado: Juan Balay
    • Dirección: Avda. Pedro Barrié de la Maza 32
    • Horario: 10:00 a 13:00 h / 16:00 a 20:00 h
  • Rodrigo Vértebra: Escultura, pintura e composicións vexetais
    • Artista invitado: Álvaro Dorda / O Pateiro / Ummagumma
    • Dirección: Sinagoga 25
    • Horario: 12:30 a 21:00 h
  • Román Romeral: Pintura
    • Dirección: Federico Tapia 47, local 9
    • Horario: Sábado 11:00 a 20:00 h / Domingo 11:00 a 16:00 h
  • Sofía Serrano: Pintura
    • Artista invitado: Fernando Damián Bravo
    • Dirección: Arzobispo Xelmírez 22, baixo comercial
    • Horario: 12:00 a 21:00 h
  • STO LAT_taller de arte-Laboratorio de Ideas (Gosia Trebacz): Multidisciplinar, fotografía, videocreación
    • Artista invitado: Miguel Anxo Fernán Vello
    • Dirección: San Vicente 65, baixo - Os Mallos
    • Horario: 11:00 a 21:00 h
  • Taller Bardo (Nicolás Azamorano) Xoiaría
    • Dirección: Cuento 6, baixo esquerda
    • Horario: 11:00 a 14:00 h / 16:30 a 22:00 h
  • Taller Bataneiro Arte (Santiago Bataneiro): Escultura
    • Dirección: San Sebastián 17, baixo A
    • Horario: 11:00 a 20:30 h
  • Taller de Arte "El tigre de Monte Alto" (Roge Fernández): Pintura e collage
    • Dirección: Cuento 6, baixo
    • Horario: Sábado 11:00 a 15:00 h e 17:00 a 21:00 h / Domingo 10:00 a 14:00 h e 17:00 a 20:00 h
  • Taller de artistas (Lidia Carrión): Pintura
    • Artista invitado: Isabel Pita
    • Dirección: Industrial 15, baixo
    • Horario: 10:00 a 14:00 h / 15:30 a 19:30 h
  • Tatiana Medal (Tatiana Medal): Pintura
    • Artista invitado: Mark Zlick
    • Dirección: Cuba 9, baixo
    • Horario: 12:00 a 20:00 h
  • Victoriano Fernández: Pintura
    • Artista invitado: Juan Lesta Perrilla
    • Dirección: Cuba 9, baixo
    • Horario: 11:00 a 21:00 h
  • Viena´s Studio (Sofía Cabrera): Multidisciplinar
    • Artista invitado: Maica Gómez
    • Dirección: Avenida dos Mallos 15, baixo
    • Horario: 11:00 a 14:00 h / 17:00 a 20:00 h
  • Vítor Mejuto: Pintura
    • Dirección: Linares Rivas 47, local 9 (Galerías Comerciais)
    • Horario: 10:00 a 20:00 h
  • Xermán Rodríguez: Escultura
    • Artista invitado: Polo
    • Dirección: Arzobispo Xelmírez 3, baixo
    • Horario: 10:00 a 20:00 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión