Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2024

Éxito do talento culinario coruñés na segunda xornada de Madrid Fusión

Os cociñeiros coruñeses Manuel Triay e Sheila Barbeito elaboraron diferentes propostas con produtos de proximidade

Miles de persoas achegáronse este martes ao espazo de Saborea A Coruña para continuar descubrindo e degustando pratos galegos co mellor produto coruñés e elaborados polos cociñeiros locais Manuel Triay, da Taberna Triay, e de Sheila Barbeito do restaurante Roots Coruña. Así, A Coruña continúa afianzándose como potencia gastronómica na segunda xornada de Madrid Fusión, que está a ter lugar en IFEMA Madrid.

Hoxe a xornada comezou cun almorzo doce a base de chocolate de Chocolate Express e bica de Amasarte. Xa na sesión vermú foi posible degustar unha empanada de chicharrones de Casa Pardo acompañada de patacas fritas Bonilla a la Vista, conservas Amieiro e vermú ecolóxico Lodeiros. Ao mediodía celebrouse a Ruta da Tapa con bolos de vento de cocido galego e callos á galega.

Por outra banda, no espazo de Saborea España desenvolvéronse diferentes actividades como unha cata de viños de Adegas Pagos de Brigante e un obradoiro de tapas. Este último espertou grande interese polo público asistente, que puido observar de preto como Manuel Triay elaboraba un donete de cocido.

Programación para este mércores, 31 de xaneiro

A última xornada de Madrid Fusión contará de novo cun almorzo composto por bica de Amasarte, cremas Lenatt e infusións Orballo. Máis tarde, o público poderá degustar mexillóns en escabeche da Lonxa da Coruña, acompañados por pan de brona de Amasarte, patacas fritas de Bonilla á vista e vermú ecolóxico Lodeiros.

Ao mediodía terá lugar unha maridaxe de diferentes produtos que estiveron presentes no Concurso de Tapas Picadillo. Manuel Triay elaborou o prato Roupa Vella e Sheila Barbeito as Gyozas Picadillo. Todo acompañado de viños Adegas Bordel.

Pola tarde continuará o momento doce con produtos de Amasarte, Orballo, Lenatt e Bonilla á vista.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión