11 de outubro de 2019
Este espectáculo, enmarcado dentro do programa de teatro para centro escolares Todo Público do IMCE, realizarase o 5 de decembro
Favola in Música e Fundación SGAE ofértanlles esta charla aos centros educativos interesados e aos grupos inscritos neste espectáculo que se realizará o 5 de decembro, no marco do programa " Todo público: programación de teatro para centros escolares 2020-21. Primavera 2021 " do IMCE.
Na charla Nani García, o autor, fará un percorrido de forma amena e ilustrada por diversas cuestións que se formulan sobre a música e profesión de autor na actualidade tendo como fío condutor o proceso de creación desta obra de próxima estrea na Coruña. [Pódese consultar o contido no documento relacionado]
A conferencia terá unha duración de 1 hora con apoio de proxección e audio con audiovisuais comentados, polo que se necesita equipo de son, proxector e pantalla.
Inscrición
Os centros interesados poden solicitar a charla no correo electrónico info@nanigarcía.com
Tamén poden descargar a guía didáctica: https://drive.google.com/drive/folders/12KkIJLD-M1jpq1er49WJ-nWUMZHWiTsj?usp=sharing
A ópera estrearase no Teatro Colón o xoves 5 de decembro de 2019, ás 11:00 horas, cunha sesión especial para estudantes de ESO e Bacharelato, para a que aínda quedan prazas vacantes, que se poden solicitar a través do correo forum@coruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible