5 de novembro de 2015
A renovación inclúe a colocación de máis dunha trintena de árbores e a mellora da pavimentación, con especial atención á accesibilidade
Federico Tapia abriuse a tráfico rodado ás dez desta mañá despois das obras de reurbanización ás que foi sometida a rúa durante o último ano, e que serviron para instalar a rede de pluviais e renovar as canalizacións municipais, a iluminación e os pavimentos, así como a rede de fecais, e para a plantación de árbores, entre outras melloras.
Os traballos serviron para instalar na rúa a rede de pluviais e renovar a de fecais, xa existente. Así mesmo, e segundo informan desde a Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, o proxecto serviu para repoñer todas as canalizacións municipais e os puntos de luz da vía, así como os semáforos. Tamén, a obra supuxo a substitución de todo o pavimento, tanto na calzada como nas beirarrúas e os bordos, con especial atención á accesibilidade, e á renovación das recollidas de pluviais e baixantes.
Durante o proceso de reurbanización procedeuse a renovar tamén a sinalización da rúa, vertical e horizontal, e a comezar coa plantación de árbores, que chagarán a sobrepasar a trintena de exemplares nas próximas semanas. Ademais, a obra serviu para colocar algúns bancos e para recolocar os elementos como os colectores de lixo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible