Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de mayo de 2025

Gonzalo Castro pon en valor o talento artístico coruñés nunha nova xornada de Estudios Abertos

O concelleiro de Cultura e Turismo visita este sábado varios dos 39 espazos participantes

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, visita este sábado diferentes espazos participantes na novena edición de Estudios Abertos, unha xornada de portas abertas que ten como obxectivo dinamizar as artes plásticas da cidade e poñer en valor aos creadores e creadoras coruñesas. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que a cidadanía sexa consciente do enorme talento que hai nos nosos barrios a través dunha iniciativa que abre as portas dos centros de creación", indicou o edil.

A xornada prolóngase durante todo o día, con 39 participantes das diferentes artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e diferentes estudios contarán con programación complementaria e visitas guiadas abertas ao público. O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión