Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2015

Hombres G inclúe o Coliseum dentro da súa xira '30 años y un día'

O concerto está programado para o sábado 4 de xullo ás 22.30 horas

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Cultura, informa de que Hombres G actuará o 4 de xullo, no Coliseum, dentro da súa nova xira 30 años y un día, coa que celebran o trixésimo aniversario do seu primeiro disco, de título homónimo ao deste grupo madrileño formado por Javi Molina, David Summers, Dani Mezquita e Rafa Guitérrez.

O novo concerto de Hombres G na Coruña está programado para o sábado 4 de xullo, ás 22.30 horas, no Coliseum. As entradas, que saen agora á venda, pódense adquirir por prezos que oscilan entre os 25 e os 35 euros, máis gastos. A xira 30 años y un día componse dun total de 30 concertos exclusivos que levarán a Hombres G polas principais cidades de España e América.

En abril, o selo Warner reeditou o primeiro disco do grupo, tanto en formato vinilo como en CD, acompañado dun DVD documental, e no que Hombres G conta coa colaboración doutros artistas, como Álvaro Urquijo de Los Secretos, Dani Martín ou Leiva. Ademais, para o mes de xuño, días antes da realización do seu concerto na Coruña, está previsto que se poña á venda unha caixa edición especial cun dobre CD con todos os éxitos do grupo, un terceiro CD con maquetas e cancións inéditas, un DVD con imaxes de concertos, vídeos e gravacións atopadas nos arquivos de TVE.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión