Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2024

Inés Rey: “A nosa cidade está en débeda con César Antonio Molina pola súa defensa e promoción do noso patrimonio e da nosa cultura”

A alcaldesa presidiu a cerimonia de ingreso no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses do ex director do Instituto Cervantes e ex ministro de Cultura

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a cerimonia de ingreso no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses de César Antonio Molina, ex ministro de Cultura e ex director do Instituto Cervantes. O profesor, ensaísta, académico, poeta, xestor, político e xornalista recibiu da rexedora a medalla do Instituto que o acredita como novo membro. Rey estivo acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Tamén participaron no acto a directora do Instituto José Cornide, Ana Romero, a secretaria-conservadora da institución municipal, María de la O Suárez, e o membro numerario Felipe-Senén López.

"César Antonio Molina é unha figura indiscutible da sociedade e da cultura coruñesas, a nosa cidade está en débeda con él pola súa defensa e promoción do noso patrimonio e da nosa cultura", sinalou a alcaldesa durante o seu discurso. "Neste Concello non se esquece o seu importante papel en logros tan relevantes como a proclamación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, ou o realizado como impulsor do Museo Nacional de la Ciencia y Tecnología, que desde o barrio de San Roque se sumou aos admirados Museos Científicos Municipais converténdonos no que fomos e somos, unha cidade que ilumina o coñecemento, que cre na ciencia e non nas patrañas, que non se aparta da liña que nos marcaron as nosas figuras históricas e a nosa tradición ilustrada", sinalou a rexedora sobre os logros do novo membro do Instituto, a quen lle agradeceu tamén o seu traballo para conseguir que hoxe a Casa Veeduría sexa un novo equipamento municipal. 

A alcaldesa destacou a importante renovación levada a cabo pola nova dirección do Instituto José Cornide, á que felicitou polo "relanzamento desta senlleira institución municipal". Rey puxo en valor a importancia de recoñecer aos coruñeses e coruñesas que dedicaron a súa carreira ao coñecemento local da cidade. "A moi especial personalidade da Coruña, que nos converteu en motor de Galicia e referente en España e Europa, precisa mimos constantes, e novas revelacións", indicou.

"O Instituto Cornide é a casa do coruñesismo, entendido desde a apertura, a pluralidade, a galeguidade e, insisto, a ilustración. Poucas persoas poden representalo mellor que César Antonio Molina, fillo da rúa da Torre e da herdanza familiar republicana, un sabio en múltiples disciplinas, unha figura xigante para a cidade que aquí, no Palacio de todos os coruñeses e coruñesas, sempre terá a súa casa", dixo Inés Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión