Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2019

Inés Rey destaca a importancia de tender pontes para reforzar as comunicacións entre os polígonos e crear novos empregos

A alcaldesa asistiu esta mañá á inauguración da pasarela que une o parque empresarial de Agrela cos espazos comerciais de Marineda City e apelou ao diálogo para poñer en marcha a Cuarta Rolda.

A alcaldesa Inés Rey inaugurou esta mañá xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a pasarela peonil que une o polígono de Agrela con Marineda. Para a rexedora, a nova ponte "integrará un polígono que está vivo e que necesita ter comunicación directa co resto da cidade e co resto dos polígonos". O concello aposta porque todos funcionen sobre un mesmo eixe: Agrela, Pocomaco, Vío, Morás, A Laracha e Carballo.

É importante, sinalou, reforzar as comunicacións e construír accesos directos que permitan o desenvolvemento do solo industrial necesario para multiplicar o crecemento económico e o emprego desta área que xa é, hoxe por hoxe, a de maior contribución ao PIB de Galicia.

O concello, dixo, concibe o conxunto dos polígonos como unha unidade en cuxa interrelación é preciso profundar, porque "non queremos polígonos illados". Por iso, para pór en marcha as iniciativas necesarias para o desenvolvemento da área metropolitana "precisamos a colaboración das outras administracións e o seu compromiso orzamentario", insistiu.

Tamén fixo fincapé na necesidade de planificar e xestionar un verdadeiro plan de transporte metropolitano, a través de instrumentos institucionais que plasmen o acordo entre a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e o resto de concellos da área metropolitana, así como co Ministerio de Fomento sobre prioridades da vía decompetencia estatal.

Un diálogo e vontade, sinalou, que poderán garantir que a Cuarta Rolda sexa omecanismo chave para gañar en tempos e conectar os peiraos interiores co Porto Exterior da Coruña, e sirva para dar saída das mercadorías en tren polo corredor atlántico.

Para o Goberno local, con esta pasarela, dáse paso a un futuro dedesenvolvemento económico, de máis e mellor emprego, de mobilidade sustentablee progreso inclusivo e que se basee no diálogo constante e fluído entre todas as administracións, deixando nun lado as discrepancias políticas. Esta pasarela, lembrou alcaldesa, responde a unha demanda de tempo da asociación do empresariado e suporá unha mellora da mobilidade e un beneficio nacalidade da vida urbana para todas e todos.

Esta zona, apuntou, presentaba unha eiva importante para quen se achegaba a Agrela a pé, porque faltaba un elementode conexión con Baños de Arteixo, que, sen dúbida, aliviará tamén o tráfico de quenvén ao centro comercial e permitiralles pasar ao outro lado da vía ás persoas traballadoras e usuarias que moitas das veces cruzaban indebidamente.

Ademais, a ponte dará servizo a quen se desprace en transporte público ata Agrela,xa que poderán facer uso da parada de buses de Marineda City ou deixar o cocheno aparcardoiro disuasorio do Birloque, e contribuír, de este xeito, a desconxestionar o polígono.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión