Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2023

Ecosystems2030

Inés Rey : “Ecosystems2030 consolida A Coruña como referencia en innovación tecnolóxica”

Este prestixioso foro interdisciplinar contará con máis de 60 conferenciantes de referencia internacional de empresas como Microsoft, Meta, Google, Bosch, Red Bull ou Airbus

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a presentación do congreso Ecosystems2030, que volverá este 2023 á cidade. Palexco acollerá os próximos 4 e 5 de maio este prestixioso foro internacional sobre innovación, que reunirá a máis de 60 conferenciantes de nivel mundial para analizar os desafíos da innovación e o impacto que terán nos próximos 10 anos a expansión de tecnoloxías emerxentes como a intelixencia artificial, a robótica, os sistemas e vehículos autónomos, a impresión 3D, as fintech ou a realidade virtual. "En Ecosystems2030 analizaranse os cambios que as novas tecnoloxías provocarán na sociedade e o modo no que as organizacións deben adaptarse a elas para conseguir ser relevantes no futuro", asegurou a alcaldesa, que subliñou o alto número de mulleres que participarán este ano no congreso.

Nesta segunda edición na cidade a relación de relatores procedentes dunha vintena de países inclúe altos executivos de compañías tecnolóxicas tan recoñecidas como Google, Meta, Microsoft, Intel, Oracle, IBM, Bosch e Philips. Tamén hai empresas líderes noutros sectores como Red Bull, Spotify, IKEA, Airbus ou PepsiCo. Tamén participarán dirixentes internacionais como o ministro de Economía Dixital e Emprendemento de Xordania, Ahmad Hanandeh, ou a expresidenta de Finlandia, Tarja Hallonen.

Ademais das conferencias individuais, a programación de Ecosystems2030 inclúe foros de debate específicos para abordar o futuro do transporte, as tecnoloxías emerxentes e os desafíos xeopolíticos. Tamén terá lugar unha sesión de traballo monográfica centrada en 'A saúde, a lonxevidade e o seu impacto económico'.

En canto á sesión aberta a toda a cidadanía, desenvolverase o venres 5 de maio entre as 15.45 e as 20.30 horas. Nesta sesión están programados foros de debate sobre como as diferentes industrias xestionan a innovación e o futuro da ciberseguridade.

Na rolda de prensa, presidida pola alcaldesa, Inés Rey, interviñeron tamén o presidente executivo de Ecosystems2030, Omar Hatamleh (en videoconferencia desde Houston), o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera, Antonio Viejo. "Coa estadía de Ecosystems2030 de novo na Coruña, continuamos avanzando no modelo de cidade que estamos a desenvolver e no que A Coruña é xa un gran referente en innovación e desenvolvemento tecnolóxico, e tamén no fomento do turismo de congresos e de negocios", sinalou Inés Rey .

A rexedora tamén quixo lembrar que este congreso alcanza unha dimensión máis alta logo da consecución da sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial: "A consecución da AESIA supoñerá un impulso determinante na xeración de emprego e na atracción de talento á nosa cidade como gran polo tecnolóxico de Galicia".

Listaxe de conferenciantes

● Pilar Manchón: Directora sénior de Estratexia de Investigación en Google AI

● Jason Wild: Vicepresidente e CEO de Innovación de Microsoft

● Rafa Camargo: Vicepresidente de Hardware en Laboratorios de Realidade de Meta

● Tomasz Nowkowski: Vicepresidente de Red Bull

● María Cortés Puch: Vicepresidenta da Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible da ONU

● Marcus Spickermann: Vicepresidente sénior en Bosch

● Arijit Bandyopadhyay: Director de Tecnoloxía de Intel

● Mina Bastawros: Vicepresidente de Airbus

● Makoto Ochiai: Xerente global do Centro de Sistemas de Enerxía, Investigación e Desenvolvemento de Toshiba

● Lorna Ortiz-Soto: Xefa global de Tecnoloxía en Shell Oil

● Thomas Davin: Director de Innovación de UNICEF

● Ahmad Hanandeh: Ministro de Economía Dixital e Emprendemento do Reino Hashemita de Xordania

● Gabriel Perdiguero: Director de Transformación de Iberia

● Sandrine Gadol: Directora de Innovación de L´Oreal

● Jelena McWilliams: Ex presidenta da Corporación Federal de Seguros de Depósito (FDIC) de Estados Unidos

● Alessandro de Luca: Director de Información en Merck

● Billy Nolen: Administrador da Administración Federal de Aviación (FAA) de Estados Unidos

● Andreas Geiss: Vicepresidente sénior de Siemens

● Alaa Adel: Vicepresidente sénior de Oracle

● S.E. Saeed Aldhaderi: Director do Centro de Estudos do Futuro da Universidade de Dubai ● Juan Villamil: Director de Información en Imperial College London

● Andrés de León: CEO de Hyperloop Transportation Technologies

● Tarja Halonen: 11ª Presidenta de Filandia (2000-2012)

● Iveta Radicová: Presidenta de Eslovaquia (2010-2012)

● Sidney Madison Prescott: Xefa global de Automatización Intelixente de Spotify

● Rick Keating: CEO de Keating

● Bettina Schaller: Presidenta da Confederación Mundial do Emprego

● Jennifer Frueahuf: Directora de Estratexia de Innovación en Salesforce

● Alexandra Gonçalves: Directora Médica en Philips

● Ashok Banerjee: Vicepresidente sénior en Trellix

● Bader Hamdan: Vicepresidente de Twilio

● Jordi Ferrer: Vicepresidente e xerente xeral en Service Now

● Karen Florschuetz: Ex CEO de Servizos ao Cliente de Siemens

●Lara Habib: Presentadora sénior en AlArabiya

● Nikki Eberhardt: Emprendedora social global e profesora de negocios

● Michael Lewrick: Autor do bestseller "The Design Thinking Playbook". Deloitte

● Jennifer Stumn: Directora e fundadora do festival Ilumina e violinista de prestixio mundial

● Zenia Tata: Estratego en innovación

● Giuseppe Napo Montano: Vicepresidente de Robótica Móbil en Arrival

● Tim Haunschild: Mago e speaker sobre startups

● Alexandra Mousavizadeh: Socia en Tortoise Media e directora en Tortoise Intelligence

● Shelby Austin: CEO e cofundadora de Arteria AI

● Umran Beba: Ex vicepresidenta sénior de PepsiCo

● Derar Almanaseer: Director de Estratexia e Investimentos de ADNEC Group

● Aysegül Íldeniz: Líder global en tecnoloxía (ex vicepresidenta de Intel)

● Filiz Balçay: Directora rexional en Chiesi Group

● Steve Barsh: Ex socio xerente en Dreamit Ventures

● Notti Kushnir: CEO en MOV.AI ● Gaelle Hotellier: Directora de Operacións en Krohne Group

● Anahita Thoms: Socia líder mundial en Sustentabilidade de Baker Mackenzie

● Gerardo Portilla: Director de Enxeñaría en Peta Optik

● Fernando Domínguez: Vicepresidente de Desenvolvemento en SandboxAQ

● Jumana Ao-Sibai: Membro do Comité de Administración de MAHLE Group

● Abdalla Awidi: Director do Stem Cell Therapy Center

● Patricia Thaine: CEO de Private AI

● Mathias Artzt: Asesor legal sénior en Deutche Bank

● Onur Korucu: Vicepresidenta para Europa, Oriente Medio e África de Consultoría da Privacidade en TerzionDX

● Lonin Gali: Director de Información e Seguridade da Información en GIT1K

● V.R. Ferose: Vicepresidente sénior e xefe da Academia SAP para enxeñeiros

● Aysha Kan: Director de Información e Seguridade da Información en Treasure Data

● Vinayak Godse: CEO en Data Security Council of India

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión