4 de febreiro de 2025
A alcaldesa presidiu a cerimonia de nomeamento do xeneral como cabaleiro de honra da Real Orde de María Pita
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a cerimonia de nomeamento do xeneral Amador Enseñat y Berea, xefe do Estado Maior do Exército de Terra, como cabaleiro de honra da Real Orde de María Pita, que tivo lugar no salón de sesións do Palacio Municipal.
Ao acto asistiron persoas membros da corporación municipal, da Orde de Cabaleiros de María Pita, o canciller da Orde de Cabaleiros de María Pita, José Manuel Vázquez Forno, e o mestre da Real Orde de Cabaleiros de María Pita, José Enrique Duarte.
"Amador Enseñat dedicou toda a súa vida ás Forzas Armadas españolas, cunha folla de servizo brillantísima. Máis de catro décadas de servizo avalan a súa carreira", sinalou a alcaldesa. Rey foi a encargada de impor o medallón da orde a Amador Enseñat y Berea. No acto participaron Enrique Iglesias Precedo e Despina Ionescu, violinistas da Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretaron dúas cancións.
"Amador Enseñat non é só a excelencia profesional no seu ámbito, senón tamén a profunda evolución vivida polos Exércitos en tempos de democracia, dos que se converteron en garante, nunca máis en sable", dixo a alcaldesa. Amador Enseñat y Berea tamén asinou tras o acto o libro de honra da Real Orde de Cabaleiros de María Pita. A rexedora fíxolle entrega dun obsequio institucional como lembranza deste día.
18 de febreiro de 2025
14 de febreiro de 2025
14 de febreiro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible