Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2026

Inés Rey presenta a clubes e federacións a nova zona de deportes de praia de San Pedro de Visma

As instalacións permitirán practicar vólei, fútbol, balonmán e tenis praia, e chegarán ao parque Adolfo Suárez tras un investimento de case 120.000 euros

A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe a entidades e federacións o proxecto da nova zona de deportes de praia de San Pedro de Visma, no parque Adolfo Suárez, promovido polo Concello e ao que dedicará un investimento de case 120.000 euros. O novo complexo terá unha superficie de xogo duns 1.200 m2 e unhas dimensións de 30x40 metros, e estará completamente equipado para practicar múltiples deportes do xénero como vólei, fútbol, balomán ou tenis praia. Entre os asistentes á presentación estivo o ex xogador internacional de fútbol praia e actúa entrenador da selección de Bielorrusia dese deporte, Nico Alvarado. 

O proxecto supón a renovación da área deportiva, mellorando a calidade de xogo e a drenaxe (tamén o subterráneo, coa inclusión de colectores de espiña de peixe para a evacuación da auga). Ademais dunha mellora na seguridade cun novo peche perimetral e a colocación de redes de protección para aumentar a funcionalidade do recinto. 

"Será unha zona amplamente equipada para que a veciñanza poida desfrutar dos deportes de praia, que ten unha relación moi estreita coa cidade e están gañando cada vez máis adeptos. Este Goberno se toma moi en serio a mellora e expansión das instalacións deportivas de todo tipo, e por iso investimos cada vez máis fondos e recursos nestas actuacións", subliñou Inés Rey. 

A moderna instalación incluirá tamén a colocación dun novo sistema de iluminación LED equipado con 4 báculos de 8 metros de alta eficiencia para practicar deporte pola noite, así como o pintado e recuperación de muros existentes e outras actuacións de posta a punto dos diferentes elementos da contorna, explicou Rey, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. 

O Concello ven de intensificar as súas actuacións sobre o conxunto de instalacións deportivas na cidade, tanto no mantemento das existentes como na ampliación da rede de equipamentos. Neste marco, o Goberno local puxo en marcha o desenvolvemento do Plan director de instalacións e equipamentos deportivos, cuxo obxectivo é darlles resposta aos déficits que poidan existir en equipamentos deportivos de titularidade municipal e planificar e programar de forma óptima as actuacións que se van levar a cabo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión