25 de xuño de 2019
O equipo cadete feminino do Club de Voleibol Padre Faustino de Calasancias alzouse coa vitoria no Campionato de España
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o edil Juan Borrego recibiron no Pazo de María Pita o equipo cadete do Club de voleibol feminino do Calasancias, recentemente proclamadas campioas de España.
Na recepción oficial do Salón de Plenos, que estivo presidida polo trofeo de Campioas de España 2019, a alcaldesa agasallou o equipo cadete feminino cunha Torre de Hércules en cerámica de Sargadelos.
Inés salientou que "foi un ano no que o deporte feminino coruñés deu enormes alegrías e demostrounos que a igualdade de dereitos, a visibilidade das mulleres, a ruptura de teitos de cristal e a abolición de todos os estereotipos peléxanse tamén nas canchas".
O equipo cadete feminino representado polo seu presidente, Joseba Pajuelo, Luis Miguel Navarro, adestrador, e Lara Pena, capitá do equipo, entregáronlle á alcaldesa unha camiseta asinada por todas as xogadoras do equipo.
Finalmente, Rey comprometeuse a "impulsar todo o apoio do Concello para as deportistas da nosa cidade, que con pouco obtivestes tanto".

11 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible