Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de maio de 2020

Inés Rey reestrutura as áreas de Turismo, Comercio, Mercados e Festas

Debido á baixa da concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, as áreas de Turismo e Festas deléganse no concelleiro Juan Ignacio Borrego e as competencias de Coemrcio e Mercados á edila Esther Fontán

A alcaldesa, Inés Rey, reestrutura as competencias das áreas de Turismo, Comercio, Mercados e Festas debido á baixa da concelleira Diana Cabanas. Deste xeito, e de acordo co artigo 12 da Lei 7/1985, modifícanse os seguintes aspectos:

  • Revógase a delegación da área de Goberno de Turismo, Comercio e Mercados na concelleira Diana Cabanas e deléganse as competencias de Turismo e Festas no primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego.
  • As competencias de Comercio e Mercados deléganse na terceira tenente de alcaldesa concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán.
  • Á área de goberno de Deportes, Turismo e Festas quedarán adscritos o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e as seguintes concesións de dominio público: Cafetería Atalaia (Xardíns de Méndez Núñez), Cafetería Copacabana (Xardíns de Méndez Núñez), Praia Club (Plataforma de Riazor), Hotel Atlántico (avenida do Porto). En calquera caso, a xestión ordinaria destes inmobles será responsabilidade da área do Goberno competente en materia de Interior.
  • Á área de goberno de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Comercio e Mercados quedarán adscritos os locais comerciais de Durmideiras, a farmacia do Polígono de Durmideiras, os locais comerciais da praza de España-esquina da rúa San Roque, o Mercado de Monte Alto, o supermercado do Mercado de Monte Alto (incluído o aparcadoiro), o Mercado de Santo Agostiño, o supermercado do Mercado de Santo Agostiño, o Mercado de Eusebio da Guarda (incluído aparcadoiro), o Mercado de Elviña (incluído o aparcadoiro e as galerías comerciais), o Mercado das Conchiñas, o Mercado de Inés de Castro, as concesións destinadas á hostalaría e a outros usos desvinculados de instalación e edificios de responsabilidade doutra área, e o Recinto Feiral (inclúe o aparcadoiro).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión