1 de setembro de 2025
A alcaldesa recibiu en María Pita ao secretario de Estado de Memoria Democrática do Goberno de España na súa visita á cidade
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta tarde en María Pita ao secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López, na súa visita á cidade. A alcaldesa da Coruña destacou que "a memoria democrática é un piar fundamental para entender quen somos como sociedade e para seguir avanzando en dereitos e liberdades", sinalou.
Na recepción, a alcaldesa puxo en valor a importancia da colaboración institucional para a preservación da memoria democrática e a divulgación dos valores de liberdade, xustiza e convivencia. Abordaron o traballo do Concello da Coruña pola dignificación das vítimas da ditadura e á promoción de iniciativas que permitan achegar á cidadanía o significado histórico da transición democrática. Rey destacou o labor para a recuperación da Casa Cornide e o Pazo de Meirás así como as iniciativas postas en marcha na Casa Museo Casares Quiroga ou a través do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.
A alcaldesa aseverou que "A Coruña foi, é e será unha cidade comprometida cos valores democráticos e coa xustiza histórica", e sinalou que "desde o Concello imos continuar traballando para que as novas xeracións coñezan e respecten este legado".
O secretario de Estado estivo acompañado por Carmen Gustrán Loscos, comisionada para a celebración dos 50 anos de España en Liberdade, xunto coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. A alcaldesa estivo acompañada do voceiro do Goberno, José Manuel Lage, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

16 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible