18 de agosto de 2026
A cita musical, coa participación dos músicos que formaron parte de grupos míticos como La Frontera, Danza Invisible e La Guardia, será un dos pratos fortes da programación
Este mércores darán comezo as festas do Castrillón na praza Pablo Iglesias, organizadas co apoio do Concello no marco da financiación das celebracións nos barrios impulsadas polo Goberno de Inés Rey.
"Estas festas son un emblema non só do barrio senón de toda a cidade. Ademais, este ano a oferta da programación é moi atractiva, con eventos importantes como o Festival Rock & Roll Stars. Creo que é a mostra de que o noso modelo de colaboración coas entidades veciñais funciona e permite garantir unhas celebracións da máxima calidade co apoio dos recursos municipais", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
A primeira actuación correrá a cargo da coral Cántigas da Terra, ás 20.00 horas, seguido da lectura do pregón ás 21.00 horas e o concerto de Clandestinos para pechar a primeira data. O xoves será a primeira xornada completa de eventos e actividades. Pola mañá, a partir das 10.30, haberá festa infantil con xogos e atraccións inchables. Ás 11.30 chegará o espazo de intercambio de libros para todas as idades e ás 13.00 a tradicional Festa da Escuma. Xa pola tarde, ás 18.30, celebrarase a XVII edición do Concurso de Tortillas do Castrillón-Urbanización Soto. As actuacións musicais comezarán ás 22.00 co Festival Rock & Roll Stars, o gran prato forte que levará ao escenario do barrio a Javier Andreu (La Frontera), Javier Ojeda (Danza Invisible) e Manuel España (La Guardia).
O venres, último día, dará comezo ás 11.00 horas cun obradoiro de marcapáxinas e, de novo ás 11.30, co espazo de intercambio de libros e, ás 12.00, a actuación de Cascarillarte. Pola tarde, ás 18.30, serán os xogos e desportes tradicionais, desenvolvidos coa colaboración do Museo Etnolúdico de Galicia. Por último, ás 22.00, será a gran verbena coa orquestra Miramar.

17 de agosto de 2026

17 de agosto de 2026

17 de agosto de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible