31 de xullo de 2023
A alcaldesa, Inés Rey, acompañará o exxogador do Deportivo e seleccionador de Arxentina, Lionel Scaloni, no pregón
Este martes, 1 de agosto, comezan as Festas de María Pita 2023 co tradicional pregón, que terá como protagonista este ano a Lionel Scaloni. O ex xogador do Deportivo e seleccionador arxentino regresará á cidade que o acolleu entre 1998 e 2005, e onde conseguiu co club branquiazul unha Liga, unha Copa do Rey e dous Supercopas.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, quíxolle agradecer a Scaloni a súa predisposición para ser o pregoeiro das festas. "Lionel é unha persoa moi querida por todos os deportivistas e coruñeses que sempre ten palabras de agradecemento para a cidade", sinalou a rexedora. A Coruña renderalle deste xeito homenaxe ao actual adestrador da selección arxentina, coa que conseguiu en decembro o Mundial. "Na nosa cidade viviuse moi intensamente aquela final polo que Scaloni significa para nós e pola gran cantidade de persoas arxentinas que viven na Coruña. Por iso cremos que é de xustiza recoñecer mañá os seus éxitos", apunta Rey .
O seu pregón está previsto para as 21.00 horas. O Concello da Coruña planificou un dispositivo especial para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes á praza de María Pita, ante a previsión dunha grande afluencia. O pregón poderase seguir en directo a través de streaming e haberá pantallas xigantes en María Pita.
Tras o pregón, ás 22.00 horas, comezarán as actuacións das 'Noites' de María Pita. O primeiro concerto será do británico de orixe libanesa, Mika. O artista é un vello coñecido dos coruñeses e coruñesas tras o seu paso polo Festival Noroeste Estrela Galicia no ano 2012.
Programación 'Noites' de María Pita
2 de agosto, 22.00 horas: Víctor Manuel
3 de agosto, 20.30 horas: Tolos Coruña: Seguridad Social, Melon Diesel, Rafa Sánchez e Revólver. Artistas invitados: The Refrescos, Miguel Costas, Tennesse, Guaraná e La Poptelera.
4 de agosto, 22.00 horas: Amaia Romero
5 de agosto, 22.00 horas: Vanessa Martín
6 de agosto, 22.00 horas: El Kanka
7 de agosto, 20.00 horas: Rock en familia
8 de agosto, 22.00 horas: Waterboys
13 de agosto, 22.00 horas: Los 40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.
15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi
20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe a Manuel Martín, cos Diplomáticos de Monte Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía...

9 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

26 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible