Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2024

Luz verde á adxudicación das obras para mellorar a accesibilidade entre o Peruleiro e a rúa Barcelona, no barrio da Agra do Orzán

Os traballos executaranse, máis concretamente, nas rúas Fanny Garrido, Julia Minguillón, Manuel Deschamps, Almirante Mourelle e Páramo

Este mércores, a Xunta de Goberno Local adxudicou as obras para mellorar a accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, unha actuación cofinanciada con fondos Next Generation que permitirá modernizar os espazos públicos en varias rúas do barrio da Agra do Orzán.

Os traballos levaranse a cabo na totalidade das rúas Fanny Garrido e Julia Minguillón, e tamén se reurbanizarán varios treitos de Manuel Deschamps, Almirante Mourelle e Páramo, "unha intervención moi necesaria para facer o barrio da Agra do Orzán máis accesible e con maior calidade urbana", indicou a alcaldesa, Inés Rey. 

Gañaranse espazos peonís, tamén se remodelarán os pasos de peóns, renovaranse as redes de saneamento e as de iluminación pública, o mobiliario urbano e disporanse máis árbores ao longo do percorrido entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, alí onde a vexetación non estreite os itinerarios peonís.

A actuación vai na liña de outras levadas a cabo na cidade en materia de accesibilidade e ten un orzamento de case 600.000 euros. Os traballos, adxudicados á empresa Manuel Rivas Boquete, terán un prazo de execución de nove meses.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión