Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2026

Máis de 1000 nenos e nenas iluminarán coas súas actuacións a XXIV gala do Festival Intercentros

O Concello patrocina este evento anual solidario no que participa o alumnado de máis de 30 centros educativos da cidade

Mañá celebrarase no Coliseum a XXIV gala do Festival Intercentros, unha iniciativa solidaria organizada pola Asociación Cultural Festival Intercentros, co patrocinio do Concello da Coruña, que este ano ten como obxectivo a colaboración solidaria coas asociacións Dano Cerebral A Coruña, e BoaNoite, da parroquia de San Francisco de Asís, que serán as beneficiarias da recaudación deste ano. 

A actividade trátase dun concerto no que participarán máis de 1000 escolares de diferentes centros educativos da cidade (máis de 30 en total) e que poderán demostrar o seu talento musical tanto no canto como no instrumental e o baile, ofrecendo un espectáculo cheo de ilusión e de esforzo que xa é unha institución na cidade pola súa longa traxectoria. 

Toda a recaudación pola venda de entradas -que teñen un prezo de 10 euros- será doado ás causas solidarias escollidas. Ademáis do prezo da entrada, os asistentes terán que entregar un kilo de alimentos, que recollerá o Banco de Alimentos Rías Altas, completando o carácter social do evento. Os pequenos artistas ofrecerán actuacións englobadas en tres grandes categorías: directo, canción e coreografía. 

"É máxico ver aos nenos e nenas tan implicados nun proxecto como este. Non só lles permite mostrar o seu enorme talento, tamén os educa na necesidade de ser solidarios, coas entidades da cidade que realizan unha fantástica labor social. A gran gala final do Festival Intercentros é unha esperanza que nos enfoca nas cousas verdadeiramente importantes", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión