Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2026

Máis de 2.000 nenos e nenas participan nunha nova edición de Correlingua

Baixo o lema ‘Co galego no corazón, facemos revolución’, estudantes da cidade e a súa contorna pediron aos pés da Torre de Hércules un maior uso da lingua

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta mañá na edición número XXVI do Correlingua, que se celebrou na contorna da Torre de Hércules coa participación de 2.200 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da cidade e a súa contorna. As persoas participantes realizaron un percorrido a pé desde o Palacio dos Deportes ata a Torre de Hércules con pancartas e proclamas a prol do uso da lingua galega.

"Ver os centros de toda a contorna aquí reunidos: A Coruña, Oleiros, Arteixo, Cambre, Pontedeume... é unha proba clara de que hai unha xeración que ten o galego no corazón, como sinala o cartel desta edición", sinalou Castro, quen indicou que "desde o Goberno de Inés Rey apoiamos esta iniciativa, que complementa todo o traballo polo emprego da lingua que se fai durante o ano na cidade".

O acto estivo presentado pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación musical de Mekánika Rolling Band. O alumnado do Alfonso X O Sabio, de Cambre, foron os encargados de ler este ano o manifesto. Os centros premiados pola súa animación foron o CEIP Novo Mesoiro e o IES Neira Vilas. Recibiron como agasallo un lote de libros cedido pola libraría Moito Conto.

Este ano o Correlingua celebrou a súa edición número 26 baixo o lema 'Co galego no corazón, facemos revolución'. Esta iniciativa educativa conta co apoio do Concello da Coruña e durante todo o ano organiza diferentes actividades co obxectivo de que a mocidade galega empregue a lingua propia. Castro recordou, ademais, que foi a alcaldesa, Inés Rey, quen aprobou na Coruña a primeira ordenanza de uso do galego coa que conta o Concello.

Centros participantes

A Coruña: IES Ramón Otero Pedrayo, CEIP Novo Mesoiro, IES Agra do Orzán, CEIP Zalaeta, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Menéndez Pidal, CEIP Sagrada Familia, IES Monelos, IES Salvador de Madariaga, CEIP Torre de Hércules, IES Plurilingüe Elviña e IES Urbano Lugrís

A Laracha: IES Agra de Leborís.

As Pontes de García Rodríguez: IES Plurilingüe Castro da Uz.

Cabana de Bergantiños: CPI As Revoltas.

Cambre: IES Alfonso X O Sabio e IES David Buján.

Carral: IES de Carral.

Coristanco: CEIP DE Bormoio-Agualada.

Culleredo: CIFP Universidade Laboral e IES Eduardo Pondal.

Oleiros: CEIP da Rabadeira e IES Xosé Neira Vilas.

Pontedeume: IES Breamo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión