Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de agosto de 2023

Máis de 9.500 pasaxeiros no Porto da Coruña

As escalas dos transatlánticos Queen Victoria, Mein Schiff 1 e Norwegian Getaway coinciden na Coruña e no último mes máis de 42.000 pasaxeiros e pasaxeiras desembarcaron no porto herculino

Un total de 9.509 pasaxeiros internacionais compartiron desembarco no porto da Coruña procedentes de tres transatlánticos: o Queen Victoria, o Mein Schiff 1 e o Norwegian Getaway. O Queen Vitoria foi un dos primeiros en arribar ao peirao herculino, ás 08.00 horas do martes día 15 de agosto, con 2.250 pasaxeiros e 294 metros de eslora.

Pola súa banda, o Mein Schiff 1, con 315 metros, acolleu a 3.231 visitantes. E o Norwegian Getaway, o máis grande de todos, con 326 metros de eslora: un total de 4.028 pasaxeiros.

A chegada destes tres buques demostra unha vez máis a potencia do turismo de cruceiros e o crecente atractivo da Coruña como destino tras o impulso dado polo goberno da Inés Rey á programación cultural e de lecer na cidade. No último mes, máis de 42.000 pasaxeiros de cruceiros desembarcaron no porto herculino.O Arvia será o seguinte cruceiro que chegará á cidade o vindeiro martes, 22 de agosto, cun total de 6.685 visitantes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión