Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2024

Máis dun cento de pilotos participarán esta fin de semana no XXVIII Rallye da Coruña

A proba, que supón o inicio do Campionato Galego, partirá este venres 15 da praza de María Pita

O Concello promove este venres 15 e sábado 16 a celebración do XXVIII Rallye da Coruña, que suporá o inicio do Campionato Galego de Rallyes 2024. Na proba participarán 108 vehículos, entre eles os dos mellores pilotos galegos.

O Goberno de Inés Rey continúa, deste xeito, promovendo a celebración de grandes eventos deportivos na cidade. A praza de María Pita será o epicentro desta proba automobilística xunto coa explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, onde se realizarán as primeiras verificacións técnicas a partir das 11.00 horas deste venres.

A chegada dos vehículos a María Pita está prevista a partir das 16.00 horas, quedando habilitado un parque pechado na meirande parte da praza. Ás 20.00 horas está prevista a cerimonia de saída, na que os coches partirán saíndo por Porta Real e a avenida da Marina.

O rallye disputarase nunha única etapa o sábado 16, con catro tramos a dobre pasada e un total de 89 quilómetros cronometrados. O primeiro será Coirós - Oza - Cesuras, de 9,47 quilómetros. Tamén pola mañá disputarase o tramo que transcorre no Concello de Aranga, de 14,88 quilómetros. Xa pola tarde, terán lugar os tramos de Arteixo - Culleredo, de 9,69 quilómetros, e de Cerceda, de 10,47 quilómetros.

Unha vez finalizada a proba, está previsto que os vehículos cheguen á praza de María Pita o sábado 16 a partir das 21.00 horas. Ás 22.00 horas celebrarase a entrega de trofeos e todos os coches participantes permanecerán na praza ata a medianoite.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión