Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de setembro de 2016

Medio Ambiente saúda que a Xunta de Galicia acepte as súas reclamacións e teña en conta “as características propias da xestión de residuos da Coruña á hora de negociar o convenio de reciclaxe con Ecoembes”

A concelleira María García conseguíu que a administración autonómica se comprometese a garantir os ingresos actuais que perciben os entes locais que se atopan no ámbito da planta de Nostián pola recuperación de envases

A concelleira de Medio Ambiente, María García, saudou hoxe que a Xunta de Galicia aceptase as reclamacións do Concello da Coruña e se comprometese a ter en conta as características propias da xestión de residuos desta administración local á hora de negociar o novo convenio autonómico con Ecoembes sobre reciclaxe. En concreto, e tras unha reunión en San Caetano da edil con Justo de Benito, secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (órgano dependendiente da Consellería de Medio Ambiente) na que sentaron as bases para unha serie de acordos, o representante da administración autonómica indicou que esta terá en conta as alegacións presentadas polo concello coruñés e subscritas polo Consorcio das Mariñas -- cuxo presidente, Antonio Santiso Miramontes, tamén estivo presente na xuntanza--. Estas versaban sobre o pago que a asociación Ecoembes realiza aos concellos, como encargados da recollida e tratamento de residuos, polo gastos destas tarefas.

O Concello da Coruña, igual que o resto de administracións da contorna, defendía que a Xunta non estaba a ter en conta, na negociación con Ecoembes, as especificidades dos concellos vinculados á planta de Nostián, xa que as medidas compesatorias que se puxeron sobre a mesa para facer fronte á redución dun 15% do canon de pago que as empresas integrantes de Ecoembes debían facer aos concellos que se encargan da reciclaxe e a xestión dos seus envases, non garantían o nivel de ingresos que os municipios estaban a percibir.

Entre os compromisos adoptados pola Xunta de Galicia, tras a reunión mantida en Compostela coa concelleira de Medio Ambiente, atopáse o de garantir os ingresos actuais que percibe A Coruña e o Consorcio das Mariñas, fixando como data de referencia a da sinatura do novo convenio. Ademais, as inversións que Ecoembes realizará na planta de Nostián para aumentar o volume de reciclaxe de envases, serán finalmente aprobadas co visto e prace do concello coruñés e da empresa concesionaria. Do mesmo xeito, García logrou o compromiso da Administración autonómica de garantir inversións anuais en campañas de comunicación e sensibilización para o tratamento de residuos que o Consorcio e o Goberno coruñés proporán, de forma conxunta, á Consellería de Medio Ambiente. Así mesmo, os concellos no ámbito da planta de Nostián percibirán de Ecoembes novos ingresos, relativos á porcentaxe de envases de cartón que se traten na planta e que non procedan dos procesos de recollida selectiva, recuperando unha cláusula, que nunca se levou a cabo, que figuraba no convenio de adhesión do Concello da Coruña do ano 2000.

Por outra banda, a concelleira de Medio Ambiente salientou que "o Concello marcha desta reunión cun compromiso especialmente importante, como é que participaremos na comisión de seguemento do cumprimento do convenio entre Xunta e Ecoembes, en todo o relativo a planta de Nostián, algo que cremos fundamental, tendo en conta que somos os seus xestores". En paralelo, técnicos municipais mantiveron esta xornada unha reunión análoga con Ecoembes, na que a asociación de productores de envases aceptou as propostas de inversión para a planta de Nostián realizadas polo Concello, que terán un plazo de execución de catro meses a partir da sinatura do novo convenio.

"Consideramos fundamental cooperación entre distintas administracións nun tema tan importante como a xestión de residuos", reflexionou García, quen manifestou o seu desexo de que "esta colaboración non quede en papel mollado, se materialice e se estabilice no tempo".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión