Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de maio de 2015

O alcalde da Coruña recibe o presidente de UNICEF Comité Español

O Concello da Coruña, a través da EDAR de Bens e Emalcsa, doa 28.000 euros para apoiar a UNICEF na subministración de auga potable aos nenos nepalíes afectados polo terremoto

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recibiu esta mañá no Palacio Municipal de María Pita a Carmelo Angulo Barturen, presidente de UNICEF Comité Español, quen realizou unha visita institucional ao Concello coruñés. Acompañáronos a Presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito, e o concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo.

Carmelo Angulo Barturen asinou no libro de ouro da cidade e recibiu, por parte do alcalde, unha Torre de Hércules dedicada e un libro sobre o monumento coruñés, Patrimonio da Humanidade, como recordo da súa visita ao Palacio Municipal.

Carlos Negreira aproveitou o encontro para agradecer o labor que a organización realiza en máis de 190 países do mundo para asegurar os dereitos da infancia e, en concreto, referiuse ao traballo que realiza en Nepal centrado nos menores. Neste sentido, lembrou que o Concello, a través de Emalcsa e a Edar de Bens, doou un total de 28.000 euros (16.000 e 12.000, respectivamente) para apoiar a UNICEF na subministración de auga potable aos nenos nepalíes afectados polo terremoto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión