9 de marzo de 2026
Ábrese un prazo de 5 días hábiles, do 10 ao 16 de marzo, para efectuar posibles reclamacións ou renuncias.
Tras a reunión da comisión de valoración o pasado xoves 5 de marzo, logo de examinar as memorias dos tres centros educativos solicitantes de acordo aos criterios de valoración dos proxectos establecidos nas bases do programa, o CEIP de Prácticas foi proposto de maneira provisional, co seu proxecto "Mirándonos de fronte", como centro seleccionado para participar no programa V Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2025-26 .
Ábrese así un prazo de 5 hábiles, do 10 ao 16 de marzo, para efectuar reclamacións ou renuncias ante a persoa que exerza a presidencia da comisión, de conformidade coa cláusula 8.2 das bases de selección.
Parabén ao grupo de 6º curso de EP do CEIP de Prácticas e moitas grazas aos centros CEIP José Coornide Saavedra e CEIP Eusebio da Guarda polo seu interese en participar neste programa educativo cuns proxectos moi interesantes.
Actividades relacionadas
Documentos relacionados

23 de abril de 2026

22 de abril de 2026

22 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible