9 de junio de 2026
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, subliñou que esta iniciativa do Concello e a Orquesta de Cámara Galega avanza cara o obxectivo do Goberno de Inés Rey de “achegar a cultura á cidadanía a través de espectáculos accesibles”
A Orquestra de Cámara Galega e Concello presentaron hoxe o Ciclo Concertos de Verán, unha proposta que levará a música clásica e de cámara a distintos espazos emblemáticos da cidade durante os meses de xuño e xullo. A programación, aberta á cidadanía, combinará concertos de cámara e propostas orquestrais nalgúns dos enclaves máis singulares da Coruña, reforzando o diálogo entre música, patrimonio e cidade.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, que presidiu o acto en nome da alcaldesa Inés Rey, subliñou a "importancia de achegar a cultura clásica a toda a cidadanía a través de espectáculos accesibles que democraticen o acceso a todas as disciplinas artísticas e reforcen a oferta lúdica da nosa cidade".
Precisamente, a iniciativa mantén a súa vocación de achegar a música clásica a novos públicos desde unha programación accesible e de calidade, na que a excelencia artística únese á posta en valor de espazos de especial relevancia cultural e patrimonial.
A programación deste ano contará con intérpretes de recoñecida traxectoria nacional e internacional, entre eles o Dúo Guillén-Triviño (España), o Terra String Quartet xunto ao clarinetista Oskar Espinosa (Estados Unidos), o pianista Uladzislau Khandohi (Bielorrusia), o dúo formado por Diana Tishchenko e José Gallardo (Ucraína - Arxentina), e a propia Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero.
Os concertos celebraranse en espazos como o Palacio de Capitanía, a Igrexa das Capuchinas, o Auditorio de Afundación, o Paraninfo da Universidade da Coruña e a Igrexa de Santo Domingo, reforzando a conexión entre música, cidade e patrimonio.
Con entrada libre ata completar capacidade, o ciclo busca ofrecer a veciños e visitantes unha programación de calidade durante o inicio do verán coruñés, contribuíndo á dinamización cultural da Coruña e reafirmando o compromiso do Concello e da Orquestra de Cámara Galega coa difusión da música clásica, o repertorio camerístico e a creación de novos públicos.
A programación completa é a seguinte:
18 de xuño: 20.00 horas, Palacio de Capitanía. Manuel Guillén e Gonzalo Triviño.
22 de xuño. 20.00 horas, Igrexa das capuchinas. Terra Quartet e Oskar Espinosa.
30 de xuño. 20.00 horas, Auditorio Afundación. Uladzislau Khandohi
2 de xullo. 20.00 horas, Paraninfo da Universidade. Diana Tishchenko e José Gallardo.
4 de xullo. 20.45 horas, Igrexa dos Dominicos. Orquesta de Cámara Galega

11 de agosto de 2026

11 de agosto de 2026

11 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible