Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2022

O ciclo Todo Público ofrece no Fórum Metropolitano contacontos para os máis pequenos e pequenas

A narradora e actriz Eugenia Manzanera protagoniza o espectáculo ‘Con la cabeza en las nubes’ este sábado 21 de maio no Fórum Metropolitano

O auditorio do Fórum Metropolitano acolle mañá o espectáculo 'Con la cabeza en las nubes', da narradora e actriz Eugenia Manzanera, no contexto da programación do ciclo de artes escénicas Todo Público.

A intérprete, con máis de 30 anos de traxectoria artística, protagoniza un espectáculo dirixido ás familias que vai máis alá dun contacontos, incluíndo actividades con monicreques, xogos de palabras e cancións, co obxectivo de incentivar a imaxinación das nenas e nenos e, en liñas xerais, ao público familiar. 

O espectáculo, de 50 minutos de duración e recomendado para maiores de tres anos, recolle diferentes contos de autor e tradición oral, interpretados sempre baixo a máxima do humor e a idea de fomentar a creatividade entre os máis novos. A función terá lugar este sábado 21 de maio (18.00 horas) no auditorio do Fórum Metropolitano. 

As entradas para asistir ao espectáculo están á venda, cun prezo de 6 euros para o público xeral. Ademais, tamén é posible adquirir un abono familiar que conta con tres entradas para unha mesma función por 15 euros. Os pases están dispoñibles na web de Ataquilla.com, e tamén están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas, agás festivos), así como no despacho de billetes do Fórum Metropolitano desde unha hora antes do comezo do espectáculo, ata esgotar as entradas dispoñibles. 

Dúas novas funcións para dar fin ao ciclo Todo Público en primavera 

O ciclo de artes escénicas Todo Público, con máis de 30 anos de existencia, oferta diversos espectáculos e obras teatrais dirixidos a nenas e nenos en idade de 3 a 12 anos.

A programación desta tempada de primavera rematará o vindeiro mes de xuño, coa representación de dúas novas funcións. Os vindeiros espectáculos do ciclo previstos no Fórum Metropolitano son os seguintes: 

  • 28 de maio: 'Cris, la pequeña valiente' (El Espejo Negro). Dentro da programación especial do CoruFest 2022. 

4 de xuño: 'Tic Tac, el héroe del tiempo' (Omar Álvarez Títeres).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión