Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de abril de 2019

O Concello acollerá unha xornada de portas abertas con visitas guiadas o vindeiro 23 de abril con motivo do 40 aniversario da primeira corporación do período democrático

Os percorridos polo Pazo de María Pita, que comezan ás 11.00 e rematan ás 21.00 horas, permitirán coñecer as obras artísticas do Concello e as funcións das diferentes salas

O Goberno local homenaxea o vindeiro martes día 23 á primeira corporación do período democrático, que cumpre 40 anos dende a súa constitución. O alcalde, Xulio Ferreiro, presidirá un acto no Salón de Plenos do Pazo de María Pita para render homenaxe ás persoas que formaron parte deste Goberno local, que estivo encabezado polo alcalde Domingos Merino. A celebración complétase cunha xornada de portas abertas na que a cidadanía está convidada a visitar o Pazo de María Pita para coñecelo máis de preto a través de visitas guiadas.

As portas abriranse ás 11.00 horas e ata as 21.00 horas. As persoas que se acheguen poderán percorrer as salas do Pazo para coñecer e achegarse as obras artísticas que se conservan no edificio e tamén as funcións de cada sala. Dúas persoas guiarán os percorridos, en grupos de un máximo de 20 persoas, que iniciarán os paseos polo edificio cada media hora. Estas visitas guiadas pararanse entre as 12.50 e as 14.00 horas para a celebración do acto oficial de homenaxe no Salón de Plenos, no que se lembrará aos concelleiros e ás concelleiras que tomaron posesión das súas actas o 19 de abril de 1979 para conformar a primeira corporación tras do restablecemento da democracia no Estado.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión