Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2016

O Concello "apoia decididamente a creación local" coa posta en marcha de 11 proxectos de artistas emerxentes a través do programa de intervencións 'Expontáneas', "que marca o camiño dun novo modelo de xestión cultural"

O edil de Culturas, José Manuel Sande, define como “ecléctica e de moita calidade” a segunda convocatoria da iniciativa posta en marcha pola súa área, e salienta “a relevante presenza feminina” na autoría das propostas, que comezarán nos próximos días e para as que se destinarán 16.500 euros

O Concello da Coruña, a través do programa de intervencións artísticas no espazo público Expontáneas, apoiará once novas iniciativas de creadoras e creadores emerxentes. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, vén de anunciar os proxectos inéditos seleccionados nesta segunda quenda do programa, posto en marcha o pasado mes de marzo polo Goberno local co obxectivo de promover accións que respondan á filosofía integradora e participativa da arte pública, e busquen a recuperación do valor do espazo cotián a través do feito artístico. O edil cualifica de "ecléctica" a proposta final desta segunda convocatoria, e fai fincapé na "calidade das propostas presentadas" así como "na relevante presenza de mulleres autoras, sendo 9 das 11 artistas gañadoras". "Este programa é unha aposta decidida pola creación local, unha liña que se verá reforzada no proxecto de Orzamentos de 2017", expuxo Sande, que expresou "a firme convicción" do executivo coruñés "por seguir profundando nunha nova interpretación do espazo público, aberto á cidadanía". "Esta experiencia pioneira é tamén a que marca o camiño cara un novo modelo de xestión cultural na Coruña, acorde ao paradigma de cidade de vangarda que promove este Goberno", di.

Expontáneas presenta unha serie de intervencións artísticas inéditas no territorio urbano na que teñen cabida múltiples disciplinas, como as artes visuais, escénicas ou o deseño (arquitectura, paisaxismo e urbanismo). Os once proxectos, que se desenvolverán nos meses de novembro e decembro --a partir da semana que vén-- e que terán unha duración comprendida entre os 3 e 7 días, contarán cunha axuda de ata 1.500 euros cada unha para a súa execución.

Na primeira convocatoria, celebrada entre abril e xullo, o xurado escolleu 6 accións performativas entre as presentadas mentres que, nesta segunda, os proxectos seleccionados son os seguintes:

1. Houbo un día en que este chan tamén foi terra, de Noelia Méndez Casas.
2. Hábitat, de Iria Cortizo Franco.
3. 55 decibelios, de Laura María Sánchez Fernández.
4. Micromundos mariños en suspensión, de Nieves Díaz Eugercios.
5. El parque sueña, de Guillermo Giadanes Torreira.
6. Insatura, de Roberta Venanzi.
7. Quiero ser un árbol, de María Álvarez Hortas.
8. De aquí vimos, alá imos, de Cristina Navia Estévez.
9. Proxecto de intervención artística, de Rosa María Novoa Martínez.
10. Ser á sombra, de Anar María González Zapata.
11. La isla pentagonal, de Manuel Jurado Garrido.

Toda a información relativa ao programa pode seguirse a través da web www.expontaneas.gal e das propias redes sociais de Expontáneas, que conta con presenza en Facebook, Twitter, e Instagram, onde as e os propios artistas comparten o proceso de produción da súa intervención.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión