Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de agosto de 2015

O Concello chama a cidadanía a un consumo responsable da auga

O alcalde visitou o stand da campaña informativa Máis claro auga coa Xunta

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou na mañá deste sábado o stand da campaña "Máis claro auga" da Xunta de Galicia que comeza hoxe na cidade, para manifestar o apoio do Concello a iniciativas que, como esta, buscan concienciar dun consumo máis responsable da auga. "Todo o que teña que ver coa sustentabilidade é unha liña prioritaria para este Goberno municipal", indicou o rexedor coruñés, que chamou ao consumo responsable deste "ben común" por parte de todas e todos.

No stand, situado no exterior da praza de Lugo, ofrécese información e consellos para o aforro diario de auga en accións cotiás. Na presentación da campaña na Coruña esta mañá estivo presente tamén a conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e a concelleira de Medio Ambiente, María García.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión