Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de marzo de 2026

O Concello comeza a primeira fase de humanización da rúa Ángel Rebollo

O primeiro treito de actuación, que permanecerá pechado ao tráfico, é o comprendido entre Arzobispo Gelmírez e Ramón del Cueto

O Concello comeza esta semana a remodelación e humanización integral da rúa Ángel Rebollo, no barrio de Monte Alto, seguindo co plan de renovación de rúas impulsado polo Goberno de Inés Rey en diversos puntos da cidade, que suma proxectos recentemente anunciados como os Atocha Alta, Páramo e Agra do Orzán. 

Debido á lonxitude da rúa, a reforma levaráse a cabo por fases. Os primeiros cortes de tráfico para o desenvolvemento dos traballos serán no treito entre Arzobispo Gelmírez e Ramón del Cueto, que permanecerá pechado ao paso de automóbiles ata o 30 de abril. 

No proxecto contémplanse melloras como a renovación dos pavimentos (o firme de formigón e as baldosas das beirarrúas), do saneamento e a recollida de pluviais, da canalización municipal nas dúas beirarrúas (coa instalación de catro novas tubaxes), a elevación dos pasos peonís, a reordenación dos contedores, unha nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de bancos e árbores. 

Ademais, no cruzamento coa rúa San Jorge acometerase unha reurbanización da zona e peonalizarase un tramo, cumprindo cos estándares de accesibilidade e mobilidade sostible que xa se levaron aos diferentes barrios da cidade, o que supón unha mellora no planeamento urbanístico, reforzando a seguridade das persoas residentes e melloras estéticas. 

"O noso compromiso sempre foi facer unha cidade mellor, máis vivible. Facer rúas pensando para a xente e non só para os coches. Pouco a pouco, barrio a barrio, imos construíndo a Coruña moderna que todas e todos queremos. Estamos en todos os barrios e escoitamos á veciñanza, investindo naquilo que é máis necesario para o seu benestar", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión