Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de marzo de 2023

O Concello da Coruña dá luz verde ao estudo de detalle que permitirá erixir o primeiro edificio do Novo Chuac

O futuro hotel de pacientes —o actual será obxecto de demolición—, tamén concentrará os servizos de administración e xestión da área sanitaria coruñesa

O Goberno municipal aprobou hoxe, de forma inicial, o estudo de detalle para a ordenación de volumes da torre polivalente do Novo Chuac, que ademais de acoller o futuro hotel de pacientes -o actual será obxecto de demolición-, tamén concentrará os servizos de administración e xestión da área sanitaria coruñesa.

A aprobación deste estudo de detalle chega despois de que a área municipal de Urbanismo emitise informe favorable á documentación técnica presentada pola Consellería de Infraestruturas, posibilitando a construción desta torre polivalente, de 16 alturas, na parcela que ten asignada. O estudo de detalle será sometido a información pública polo prazo dun mes. O trámite de aprobación inicial do estudo de detalle complétase só un mes despois da recepción da solicitude por parte da Xunta. 

"O Goberno municipal amosa, así, o seu compromiso coa folla de ruta trazada para a consecución do Novo Chuac", apuntou Inés Rey, que lembrou que xa o pasado mes de agosto se aprobou unha modificación do Plan Xeral para abrir camiño á licitación dos traballos para erixir as novas instalacións hospitalarias.

"O noso obxectivo é que as obras do Novo Chuac comecen antes de rematar o ano e, por iso, hoxe damos outro paso adiante. A torre polivalente terá 13.700 metros cadrados de superficie entre as 16 plantas previstas e, toda vez se aprobe de forma definitiva o estudo de detalle, o seguinte paso debería ser a licitación das obras da torre", indicou a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión