Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2024

O Concello da Coruña trasládalle ao Consorcio das Mariñas a proposta técnica e económica para a nova licitación da planta de Nostián

O concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, destaca que a proposta permitirá contar cunha planta moderna e sostible

O concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, presidiu esta mañá no Palacio de María Pita a reunión co Consorcio das Mariñas para a presentación da proposta técnica e económica de cara a nova licitación da planta de residuos de Nostián. 

Lage, que definiu o encontro como "cordial, produtivo e positivo", destacou que a proposta achegada cumpre con todos os parámetros técnicos e de legalidade, adaptándose ás normativas europeas. "Está pensada para dar unha solución ambiental tendo en conta todas as transposicións das directivas comunitarias " sinalou. Avanzou que o proxecto presentado permitirá ter unha planta moderna e sostible, onde se conxugará a recuperación, reciclaxe e reutilización dos refugallos.

O edil explicou que é unha "proposta potente técnica e economicamente para 25 anos" co obxectivo de que o canon non cambie anualmente senón que se axusten os prezos, o que permitirá traballar con planificación e obxectivos claros a longo prazo. Sinalou que a xestión actual da planta de Nostián responde a un contrato antigo e os custos actuais a unha situación "anómala". "Os refugos hoxe o Consorcio págaos a maiores e con esta licitación afrontaríamos unha xestión integral e un canon único que cumpla coa lei de resíduos, que xa está en vigor" aseverou. Neste sentido situou como un dos obxectivos o abaratamento dos custos, actualmente de 120 euros por tonelada. "A nosa proposta xira arredor dos 100 euros por tonelada, o que supón unha rebaixa de 20 euros respecto á actual" sinalou.

O Concello da Coruña cumpre así co acordado na última xuntanza de traballo co Consorcio trasladándolles esta mañá os estudos técnicos e económicos de cara a nova licitación da planta. O Consorcio comprometeuse a estudar e valorar a proposta, avanzando deste xeito no acordo definitivo para iniciar o proceso de licitación. "A licitación da nova planta está practicamente definida, e a partir de aí, unha vez que o Consorcio a valore, seguiremos os procedementos e prazos oportunos para a licitación" concluíu. 

O Concello propón que a nova licitación leve tamén aparellada campañas de sensibilización e concienciación medioambientais imprescindibles e necesarias. "Estamos falando de introducir un quinto contedor, dunha selección en orixe e por tanto a implicación cidadá é fundamental" sinalou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión