14 de maio de 2026
Ademais, o pleno aprobou definitivamente o estudo de detalle do IES Agra do Orzán e do complexo Agra I
Esta mañá, o pleno do Concello da Coruña aprobou provisionalmente o documento da modificación puntual do Plan xeral referente á Norma Zonal 8, a que regula as condicións de edificación e de usos aplicables ás parcelas de equipamento.
Tal e como detallou o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, un dos principais obxectivos desta medida "é actualizar o documento ás normas técnicas de planeamento da Administración autonómica, para facilitar a tramitación de posteriores modificacións" en equipamentos de titularidade pública, privada e universitaria.
Esta modificación chega tamén baseándose nas necesidades xurdidas con posterioridade á entrada en vigor do PXOM, coa intención de dar cumprimento á previsión dunha instalación deportiva para construír un campo de rugby en Elviña, a ampliación das instalacións en colexios como o de Novo Mesoiro e Eirís, e tamén a recualificación como espazo libre público dunha parcela situada na avenida do Metrosidero, fronte á Hípica.
Aprobado o estudo de detalle do IES Agra do Orzán e o complexo Agra I
Tamén este xoves, o Pleno aprobou definitivamente o estudo de detalle necesario para ordenar os volumes e concretar as condicións estéticas asociadas á ampliación do IES Agra do Orzán e o complexo polideportivo Agra I.
Entre outros aspectos destacados, a proposta inclúe unha edificabilidade total de máis de 10.500 metros cadrados, un volume de dúas alturas xunto ao ximnasio e a creación de 28 prazas de estacionamento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible