Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xullo de 2017

O Concello deseña coas direccións do Fernando Wirtz e do Concepción Arenal "medidas para mellorar a seguridade do alumnado e diminuír a velocidade de tránsito" na contorna do último tramo da Vedra

O edil Daniel Díaz Grandío salienta o “traballo en común” levado a cabo entre as tres institucións “co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade nunha zona sensible”

O Goberno local vén de acordar o deseño de melloras para a diminución da velocidade do tráfico rodado na contorna do IES Fernando Wirtz e do CEIP Concepción Arenal, á fin de mellorar a seguridade peonil nunha zona na que coexisten dous centros con máis de 1.500 escolares. Tal e como destaca o concelleiro de Mobilidade Sostible, a iniciativa nace do traballo en común coas direccións dos centros, de cara a pacificación do tráfico no último tramo da avenida da avenida da Vedra. "A proposta ten como finalidade reducir a velocidade de tránsito do vehículo privado e mellorar as condicións de seguridade e ruído nun ámbito sensible", sinala o edil, quen salienta que as obras, que comezarán nas vindeiras semanas, terán lugar fóra do período lectivo, "polo que non haberá interferencia coa actividade escolar".

Dentro do plan de actuacións encamiñado a acadar solucións conxuntas para pacificar o último tramo da avenida da Vedra, e tras a eliminación da pasarela peonil, as direccións dos centros escolares e o Goberno local acordaron, antes de acometer as melloras no tronco central da avenida, dar resposta ás distintas necesidades dos centros na súa contorna. "Son medidas que para o Concello da Coruña non supoñen un forte investimento pero que, en realidade, ofrecen solucións de accesibilidade e de cara a diminución da velocidade e de contaminación acústica na contorna do viario", expón Grandío.

Así, dentro das actuacións deseñadas coas direccións dos centros, actuarase na rúa Cabaleiros --no tramo da vía de saída de Alfonso Molina cara a Catro Camiños-- co obxectivo de diminuír a velocidade de circulación, a través da colocación de elementos redutores de velocidade --como lombos de burro e pasos peonís elevados, como está a realizar nas proximidades doutros centros escolares da cidade --, "o que tamén favorecerá a redución da contaminación acústica para os centros, que sofren as consecuencias de contar cunha sección de autopista fronte as súas aulas, no lugar dunha avenida urbana e amable con outros tipos de mobilidade".

Ademais desta redución da velocidade --que se instalarán antes dos cruzamentos de Cabaleiros coas rúas Perpetuo Socorro e Castro Chané--, o Concello mellorará a situación dos pasos peonís coa ampliación das orellas das beirarrúas, e aumentará a distancia de seguridade para a visibilidade dos vehículos nos pasos. Tamén instalará un semáforo xunto ao paso peonil que cruza desde o Fernando Wirtz até o paseo superior do viaduto, "medidas encamiñadas non só a pacificación do tráfico, senón tamén para ofrecer seguridade as e aos viandantes, en particular para o alumnado do IES", indica Díaz Grandío. Finalmente, o Goberno local tamén promoverá a accesibilidade total á zona de secretaría do instituto, ao substituír "o chanzo que sempre existiu por unha rampla de acceso, unha medida demandada pola comunidade escolar desde hai anos", afirma o titular da área de Mobilidade Sostible.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión