Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de maio de 2025

Ambas institucións impulsarán ante o Ministerio de Defensa a transmisión da concesión ao Concello

O Concello e a UDC impulsarán o proxecto da Cidade das TIC no marco dun convenio plurianual

O acordo será levado esta semana aos órganos de Goberno de ambas as administracións para a súa aprobación

O Concello da Coruña e a Universidade acordan establecer un marco de colaboración plurianual para o impulso da Cidade das TIC. O documento será levado esta semana aos órganos de goberno de ambas as institucións para a súa aprobación e posterior sinatura.

Dito acordo ten por obxecto establecer un marco de colaboración interadministrativa entre Concello da Coruña e UDC que permita adoptar as decisións máis beneficiosas para o proxecto Cidade das TIC, darlle un impulso relevante á  finalidade coa que naceu e coa que se está a desenvolver, así como ás políticas públicas que fagan efectivo o principio de desenvolvemento territorial e urbano sustentable. 

No interese común de darlle este impulso definitivo a este ambicioso proxecto asentado nos terreos da antiga Fábrica de Armas da Coruña, ambas as partes concordan na necesidade de impulsar ante o Ministerio de Defensa a transmisión da concesión demanial outorgada á Universidade da Coruña no ano 2020 ao Concello.

Unha vez autorizada esa transmisión, no marco deste acordo, o Concello cederá á UDC tres edificios e compromete o apoio financeiro para a rehabilitación dos ditos inmobles en diferentes anualidades.

A subscrición deste convenio é para a alcaldesa Inés Rey "o paso necesario para poder dar o impulso definitivo á Cidade das TIC e convertela nun polo industrial e tecnolóxico que supoña un incentivo dinamizador para o sector docente, empresarial e cultural da cidade e da propia Comunidade Autónoma".

Actividade actual na CdTIC

O terreo da concesión comprende unha superficie de 127.943 m2 e conta cun total de 22 edificacións. Na actualidade, a Cidade das Tic conta con tres iniciativas en marcha: o Galaxy Lab; o Centro de Servizos Avanzados (CSA) e o Coruña Estudo Inmersivo (CEI).  A eles sumarase o Centro de Formación Especializada en Novas Ocupacións relacionadas coa Transición Verde Dixital, promovido pola Xunta de Galicia e en trámite de licitación de obra, e o Centro de Produción Audiovisual Avanzada (CPAA) promovido pola sociedade Pedralonga Estudios.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión