12 de decembro de 2025
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, representou ao Concello na reunión mantida hoxe co Goberno autonómico
O Concello e a FEGAMP mantiveron hoxe unha reunión coa Xunta para falar da regulación dos VTC.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, expuxo que o Concello trasladou a petición de que a Xunta deixe de dar licencias a este tipo de vehículos mentres non haxa un estudio das necesidades reais.
"Esiximos tamén que a Xunta se implique la regulación do sector en lugar de abrir a porta a que en Galicia haxa 313 normativas distintas. Unha vez máis, a Xunta deixou claro que non lle interesan os asuntos que afectan aos galegos e galegas, que non lle interesa tampouco o impacto destas multinacionais en sectores consolidados como o do taxi e que non teñen intención de dialogar e cintribuír a unha regulación homoxénea e planificada do transporte público. Seguen na súa política de alimentar un problema en troques de buscar solucións", indicou Díaz.
"Ata agora, o único que ten feito a Xunta cos VTC é repartir licencias sen criterio para despois remitir aos concellos multas contra aqueles aos que eles mesmo deron licencia. Flaco favor lle fan así a Galicia e aos concellos", resaltou a concelleira.

12 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025

4 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible