Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de abril de 2016

O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico este domingo pola celebración das manifestacións do 1º de maio

As liñas de autobús 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 5, 7, 17, 21, 22, 23 e 23A modificarán os seus itinerarios habituais nos tramos de circulación que polos que transcorrerán as marchas

A Concellería de Mobilidade Sostible vén de anunciar que o Concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico este domingo, día 1 de maio, co gallo da celebración de tres manifestacións autorizadas polo Día das e dos traballadores. As marchas reivindicativas, que comezarán ás 12.00 horas e teñen previsto finalizar ás 14.00 horas, afectarán a distintas rúas do centro da Coruña, que provocarán cortes de tráfico coordinados co percorrido das mesmas e cambios no sentido da circulación para facilitar o tránsito á entrada e saída da cidade, así como modificacións no percorrido habitual das liñas de transporte público urbano.

A primeira das manifestacións sairá da praza da Palloza e percorrerá Primo de Rivera e Linares Rivas ata a Praza de Ourense, onde se sitúa a Delegación do Goberno. No momento no que se inicie a marcha, as liñas de autobús 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 21 22, 23, 23A e 24 desviaranse nun percorrido alternativo desde Cuatro Caminos por Castiñeiras, Federico Tapia, Praza de Pontevedra -onde as liñas 21 e 24 incorporaranse ao seu itinerario habitual- San Andrés, Paseo Marítimo, Hospital e Praza de España, onde as liñas 5 e 7 continuarán por Orillamar, mentres que as liñas 1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A , continuarán ata a Praza das Atochas, Veramar e o Paseo Marítimo cara o hospital Abente y Lago, onde recuperarán o seu percorrido.

A segunda das marchas reivindicartivas partirá da Praza de Vigo cara a Subdelegación do Goberno, polo que percorrerá Marcial del Adalid, Linares Rivas, Praza de Mina e os Cantóns. No momento no que se inicie a manifestación, os autobuses das liñas que circulen por Federico Tapia agardarán ata que quede libre o cruzamento da Praza de Vigo para continuar cara a Praza de Pontevedra. No seu regreso desde Abente y Lago ou Maestranza, as liñas 1, 1A, 2, 2A, 3A, 17, 23 e 23A circularán por Porta Real, desviánsode en Ambrosio Feijoo cara a avenida do Porto e Entrejardines, para despois recuperar o seu percorrido habitual no Cantón Pequeno e a Praza de Mina.

Finalmente, a terceira manifestación comezará tamén ás 12.00 horas na Praza de Portugal, e continuará por avenida de Bos Aires, Rubine, Praza de Pontevedra, San Andrés, Nova, Real, San Nicolás e Panaderas, para rematar no Campo da Leña. As liñas de autobús 3, 3A e 7 modificarán o seu itinerario habitual ao comezo da marcha, na Praza de Portugal, e cicularán por Alfredo Vicenti no lugar de Rubine para chegar á Praza de Pontevedra. O resto do servizo das liñas  3 e 7 tamén verán afectado o percorrido no tramo desde San Andrés ata rúa Alta, no que agardarán ata que este tramo quede liberado da manifestación para continuar coa súa marcha.  

Para manter o tráfico de saída da cidade desde a avenida da Mariña, cambiarase o sentido de circulación na zona de Entrejardines. Deste xeito, o novo itinerario será Avda. Montoto, Ambrosio Feijoo, avenida do Porto, Entrejardines, Cantón Pequeño e Praza de Mina. En todo momento, quedará libre a calzada na dirección saída da cidade na Praza de Ourense.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión