Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xaneiro de 2025

O Concello estende o proxecto piloto de comercio seguro á rúa da Gaiteira e á prolongación da rúa Barcelona

Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey conecta aos comerciantes coa Policía Local a través dunha aplicación

O proxecto piloto da aplicación de reforzo da seguridade nos comercios esténdese estes días á rúa da Gaiteira e á prolongación da rúa Barcelona. Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey ten como obxectivo que as persoas responsables dos negocios poidan ter unha comunicación máis fluída e directa coa Policía Local en caso de calquera incidencia. O luns iniciarase a campaña de captación de novos negocios, que serán convocados a unha reunión informativa no Centro Sociocultural Ágora nas vindeiras semanas.

Este proxecto foi presentado pola propia alcaldesa ás asociacións veciñais durante a Mesa  de Seguridade e Convivencia celebrada no pasado mes de outubro e forma parte do novo Plan Local de Seguridade, que consta de diferentes liñas de acción e coordina aos corpos de seguridade. A través deste proxecto piloto, os comerciantes teñen acceso a unha aplicación que os conecta directamente coa Policía Local. Deste xeito, poden notificar en tempo real calquera incidencia que requira a intervención de axentes no establecemento.

Na primeira fase deste plan piloto adheríronse un total de 77 establecementos, situados nas rúas Barcelona e Alcalde Marchesi, que foron seleccionadas polo Concello debido á súa alta actividade comercial. Trátase de 41 e 36 locais, respectivamente, os que xa contan con toda a información e puideron comprobar durante estes meses o funcionamento da aplicación. Neste período unicamente se produciu unha incidencia, que foi resulta coa presencia dunha patrulla en poucos minutos, o que evidencia o papel disuasorio desta iniciativa, que conta con carteis identificativos en cada comercio adherido.

"Tras analizar os primeiros resultados e comprobar o seu bo funcionamento, desde o Goberno de Inés Rey sumaremos novas zonas comerciais como a rúa da Gaiteira e a prolongación da rúa Barcelona para seguir recollendo información e mellorando o día a día do noso comercio", sinalou Montserrat Paz, concelleira de Seguridade Cidadá.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión