Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de agosto de 2019

O Concello estuda melloras na mobilidade entre o polígono de Pocomaco e a cidade

A alcaldesa, Inés Rey, analizará novas actuacións destinadas a mellorar os accesos ao parque empresarial e permitir a entrada do transporte público a todo o polígono.

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou  na reunión que mantivo co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de Pocomaco, Ricardo Tormo, que o concello estudará unha serie de melloras nas infraestruturas do parque empresarial para garantir os servizos, e encamiñadas a permitir a entrada do transporte público en todo o polígono; unha circunstancia que  non ocorre na actualidade.  

Os representantes da asociación sinalaron que as reformas evitarían o acceso de vehículos privados -o parque recibe a diario unha gran cantidade de tráfico de turismos e tráfico pesado- servirían para mellorar os accesos peonís -falta de beirarrúas- e mesmo farían posible o uso de bicicletas. A rexedora mostrou a súa conformidade coas demandas da asociación e "ve lóxico e positivo" acabar cos problemas da mobilidade que existen desde hai anos entre a cidade e o polígono industrial. Nesta liña, Inés Rey falou do compromiso do seu goberno de poñer en marcha accións e medidas que beneficien non só as persoas traballadoras das áreas industriais, senón tamén as que se desprazan aos polígonos.  

Durante a reunión mantida en María Pita, a alcaldesa explicoulles aos representantes da asociación de empresarios que o plan de mobilidade que está a elaborar o Concello recollerá de maneira específica as necesidades dos polígonos industriais da cidade.  

Por outra banda, os empresarios tamén solicitaron na reunión que o Concello axilice a construción dun viario que una a Terceira Rolda con Punta Langosteira. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión