Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de decembro de 2015

O Concello firma un convenio con Gas Natural Fenosa para evitar "que ningunha persoa quede sen subministración eléctrica ou de gas"

O alcalde e a concelleira de Xustiza Social participaron na firma dun convenio coa eléctrica para "axilizar e facilitar os trámites das axudas municipais que teñen como obxectivo impedir os cortes eléctricos"

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou este venres un convenio entre o Concello e a empresa Gas Natural Fenosa que ten como obxectivo “tratar de paliar a pobreza enerxética dando cobertura para que persoas en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social non queden sen subministración eléctrica ou de gas”. O acordo ao que chegou a Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán que tamén estaba presente na firma, indica que visto que esta área de Goberno vén outorgando axudas económicas a cidadáns e cidadás desta cidade en situación de vulnerabilidade para evitar o corte do subministro enerxético, tanto o Concello como a eléctrica “firman este convenio para axilizar e facilitar os trámites destas axudas municipais aos e ás usuarias de servizos sociais por débedas xeradas por motivo do subministro de electricidade e/ou gas, co obxectivo de que non se chegue a realizar o corte de enerxía e/ou de gas”.

“O obxectivo primordial deste convenio é que ningunha persoa na cidade quede nunha situación de pobreza enerxética e non teña acceso á electricidade ou a gas”, explicou Silvia Cameán. O acordo, firmado entre o rexedor coruñés e José Antonio Sánchez Loureda, delegado en Galicia e Asturias de Gas Natural Fenosa, establece os termos básicos dun proceso colaborativo entre Xustiza Social e a compañía para “evitar cortes de subministro de enerxía eléctrica e gas as persoas e familias que poidan percibir axudas municipais de emerxencia social, mediante o pago das débedas contraídas por estes subministros básicos, evitando así a falta de cobertura enerxética que a súa carencia lles provocaría”.

Desta forma, o Concello comprométese a “comunicar a Gas Natural Fenosa que o ou a aboada inicia os trámites de solicitude dunha axuda municipal da que vai ser perceptora para que Gas Natural non interrompa o servizo de enerxía”. Ademais, a administración local, se procede, “aboará, no prazo de tres meses dende a data de comunicación coa eléctrica, os importes das facturas obxecto de acción de corte de subministro en concepto de pago de débedas na conta bancaria que a empresa designará para tal efecto”.

Pola súa banda, Gas Natural Fenosa, acorda “aceptar o abono das axudas que se concedan por parte do Concello da Coruña para evitar o corte de subministro sen a aplicación de ningún interese de demora, comisión ou similar”, así como “proporcionar información detallada sobre todas as facturas pendentes de beneficiarios ou beneficiarias que eran obxecto de corte de subministro aos efectos de que a Concellería de Xustiza e Coidados poida abonalas no plazo establecido”.

Ademais, constituirase unha comisión de seguimento integrada por dúas persoas do Concello e dúas de Gas Natural, que se reunirán con carácter ordinario cada seis meses para dar conta do cumprimento das obrigas pactadas por ambas as dúas partes, e con carácter extraordinario sempre que calquera das partes o considere necesario.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión