9 de febreiro de 2026
Tanto as asociacións veciñais como os hostaleiros contribuíron á difusión desta nova iniciativa, que se repetirá ao longo das próximas fins de semana
O Concello despregou a noite do pasado venres unha campaña de concienciación na rúa para instar á cidadanía a respectar a limpeza da cidade, o descanso dos veciños e as normas básicas de hixiene cando se sae de festa. A iniciativa incluíu o reparto de información en diferentes puntos da cidade e a colocación de carteis divulgativos con frases como "Este é o teu sinal para pasalo ben respectando o descanso dos veciños e veciñas".
Despois de varias horas de traballo e percorrido polo rueiro municipal, dous grupos de técnicos formados por tres persoas cada un, repartiron, entre as 21.00 e as 2.00 horas, máis de 2.000 tote bags, 2.000 folletos con información e 2.000 pegatinas. Segundo os participantes, o recibimento por parte da cidadanía desta campaña foi, en xeneral, moi positiva.
"A todos gústanos pasalo ben. Non se trata de quedarse na casa pechado. O único que pedimos é sentido común e respecto a unhas normas básicas de convivencia cando saímos pola noite. Non é un esforzo moi grande, pero si marca unha gran diferenza", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.
Esta acción encádrase no plan do Concello para conseguir mellorar a convivencia no ocio nocturno, compatibilizando o disfrute co dereito ao descanso e a hixiene . Xa en marzo do ano pasado convocouse unha mesa de traballo para poñer en común os obxectivos de convivencia e avanzar en materia normativa. Tanto as asociacións veciñais como os propios hostaleiros contribuíron á difusión desta nova campaña do Concello, que se repetirá ao longo das próximas fins de semana.

18 de marzo de 2026

18 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible