Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2017

O Concello inicia o procedemento para sacar a poxa pública unha parcela municipal de Agrela, “de cara a potenciar o sector produtivo da cidade e favorecer a creación de emprego”

A Concellería de Rexeneración Urbana trasladará mañá á Xunta de Goberno local o inicio do expediente de alleamento e o prego que rexerá a subasta

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, que dirixe Xiao Varela, trasladará á Xunta de Goberno local fixada para mañá, venres, a proposta para o inicio do expediente de alleamento dunha parcela municipal de 11.398 metros cadrados situada na rúa José María Rivera Corral, no polígono de Agrela. O procedemento se realizará a través de poxa pública, cuxo prego de condicións tamén será sometido á Xunta de Goberno local de mañá. O terreo, no que na actualidade se asenta o campo de fútbol de Agrela II, está cualificado como de uso industrial-comercial, tras a modificación do PXOM tramitada polo Concello, e aprobada de forma definitiva o pasado mes de maio, co obxectivo de ampliar a superficie de solo industrial neste ámbito e favorecer, segundo indica o concelleiro desta área, a xeración de emprego na cidade. A parcela está valorada en 3.539.330 euros, cantidade que servirá de tipo para a poxa.  

Como recorda Varela, o cambio  de clasificación deste terreo realizouse en paralelo a outra modificación nunhas parcelas da Fábrica de Armas, que pasaron a considerarse como dotacionais deportivas, e virá acompañado dunha ampliación do campo de fútbol do Parque de Eirís, ao que se trasladará a actividade que antes se prestaba en Agrela, e que se someterá a melloras para ampliar a súa capacidade, dotalo de mellores servizos e homologalo, "para que poida converterse nun campo regulamentario e con instalacións como vestiario ou gradas". O obxectivo, sinala o responsable de Rexeneración Urbana, pasa por "ampliar e mellorar a oferta de equipamentos deportivos da cidade, garantindo a súa distribución equilibrada nos distintos barrios, e, ao tempo, permitir o desenvolvemento de actividades terciarias, contribuíndo deste xeito a potenciar o sector produtivo da cidade,  favorecendo a creación de emprego".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión