9 de setembro de 2016
O concello recuperaría os terreos de Visma nos que a FGF non construirá un novo edificio para facer nos mesmos un aparcamento, así como asumirá investimentos na instalación eléctrica
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xunto ao concelleiro de Culturas e Deportes, José Manuel Sande, mantiveron hoxe unha xuntanza cunha delegación da Federación Galega de Fútbol (FGF) encabezada polo seu presidente, Rafael Louzán. Na mesma, o concello amosouse disposto a modificar o convenio subscrito entre as partes respecto aos terreos e campos de San Pedro de Visma baixo a condición que o cambio recolla por escrito o compromiso de que a FGF manterá na Coruña a súa sede central.
Nese caso, o concello recuperaría os terrenos nos que a Federación renuncia a construír un novo edificio e adicaría os mesmos a prazas de aparcamento, claramente insuficientes no proxecto inicial. Así mesmo, a administración local asume investimentos na instalación eléctrica.
O concello recepcionará os campos de fútbol de Visma así como reciba -e se corresponde, aprobe- os últimos informes sobre o modificado de obra. Os campos de fútbol pasarían a ser de titularidade municipal, tendo a Federación Galega de Fútbol dereito ao seu uso durante algunhas horas á semana.

11 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible