12 de xullo de 2025
A Fundación Biodiversidade comunicou a resolución provisional afirmativa para financiar as accións previstas ao abeiro do proxecto Coruña Verdea
Este venres, no Pleno municipal, a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, anunciou que a Fundación Biodiversidade vén de comunicar ao Concello a resolución provisional afirmativa na convocatoria de fondos para proxectos orientados á renaturalización de cidades.
Neste sentido, o Goberno de Inés Rey obterá 2 millóns de euros para acometer as intervencións do programa Coruña Verdea, que contempla 12 accións en barrios como Monte Alto e a Sagrada Familia, entre moitos outros, para mellorar a biodiversidade e crear corredores ecolóxicos que permitan gañar espazos verdes e novos pulmóns na paisaxe urbana da cidade, especialmente en distritos cunha maior densidade.

27 de novembro de 2025

16 de novembro de 2025

13 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible