28 de abril de 2023
A actividade denominada “Música e evolución” desenvolverase durante o mes de maio.
O Concello, co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio cultural musical ofrecerá en 9 centros educativos un total de 16 concertos, orientados para nenos e nenas desde 8 anos de idade.
A través de 42 instrumentos musicais galegos diferentes, a actividade provocará a sorpresa do alumnado, xa que moitos destes instrumentos sonlles completamente descoñecidos e mostrará unha parte importante da nosa cultura.
Por outra banda este concerto contén unha fonda revisión do papel esencial que as mulleres xogan na música, na cultura e organización social e queda exposta, así, a teoría da orixe dos instrumentos musicais na cultura infantil. No concerto farase un exame da nosa música desde unha perspectiva de xénero, pero tamén destaca a importancia dos nenos e nenas nos procesos culturais humanos.
Afianzar valores do noso patrimonio cultural inmaterial como o respecto polos maiores e os seus coñecementos, a importancia da reciclaxe, o valor do esforzo e o traballo continuo e o valor da natureza. O desenvolvemento sostible é outro dos obxectivos desta actividade.

12 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025

6 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible